Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Lugo afianza os alicerces para a construción do seu proxecto Smart City
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Lugo afianza os alicerces para a construción do seu proxecto Smart City

Redacción
Publicado: 14/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

concello_lugo_smart_city_xuntanza.jpgO Concello de Lugo deu a coñecer esta semana que xa está a traballar arreo na preparación do seu proxecto Smart City. O anuncio foi dado nunha xuntanza de traballo cos técnicos municipais destinada a coordinar tarefas entre os distintos departamentos e planificar o desenvolvemento desta iniciativa de xestión intelixente e sustentable, que como lembraremos foi dotada cun orzamento de 4,1 millóns de euros (o 60% de man do Goberno central e o restante de man do Concello). No dito encontro fixáronse os trámites a realizar por todas as áreas municipais implicadas no proxecto, que sacará a concurso en datas vindeiras o Ministerio de Industria. Tamén se fixo fincapé na aliñación de Lugo Smart City con outras estratexias que está levando a cabo Goberno local. Segundo informou a alcaldesa, con Lugo Smart City búscase en primeira instancia “integrar e involucrar á cidadanía nos procesos administrativos do Concello”.
O proxecto, engadiu, tamén se dirixe “a incidir na eficiencia para mellorar a prestación de servizos públicos locais con ampla repercusión no cidadán a través de cambios nos modelos de xestión apoiados nas TIC”. Estes son os restantes piares da iniciativa: transparencia para facilitar o acceso, consulta e o uso dos datos públicos dos servizos municipais e coordinación para axilizar o traballo entre as áreas municipais a través da integración de servizos intelixentes. Polo que se refire ás liñas de acción concretas, son (entre outras) as que citamos a continuación:
· Administración Electrónica.
· Posta en marcha dunha plataforma de xestión intelixente de infraestruturas locais baseada no GIS para a xestión administrativa, económica, urbanística, ocupación da vía pública, infraestruturas e mobiliario urbano.
· Tarxeta intelixente.
· Portal de transparencia.
· Xestión intelixente do aparcamento cun sistema de guiado.
· Xestión de refugallos sólidos urbanos mediante o que se instalarán sensores de almacenamento conectados vía GPRS ou 3G nos colectores.
· Xestión de eficiencia enerxética en 6 dependencias municipais.
· Xestión do alumeado público no entorno urbano e rural, con regulación de fluxo a través de dispositivos de control.
· Xestión dos colectores de auga.
· Posta en marcha dunha plataforma smart.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?