Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Chega Mailbor, tecnoloxía galega para tirarlle o máximo proveito ao correo electrónico como ferramenta de traballo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Chega Mailbor, tecnoloxía galega para tirarlle o máximo proveito ao correo electrónico como ferramenta de traballo

Redacción
Publicado: 15/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

emailing.jpgCo obxectivo de introducir o elemento smart no ámbito do email, creouse na Coruña unha tecnoloxía denominada Mailbor que se dirixe, en palabras dos seus desenvolvedores, a potenciar e salientar o valor de poder do correo electrónico como ferramenta de traballo. Ou sexa, a permitirnos tirarlle o máximo partido. Segundo engade Ricardo Villa, director executivo do proxecto, “Mailbor é un novo xestor de correo electrónico intelixente que posiblita facer cousas como crear ao instante todos os enderezos que se nos ocorran”. Tamén fai posible a organización dos emails por etiquetas antes de recibilos, crear secuencias de traballo en liña e suprimir as misivas enviadas antes que as vexa o receptor. O xestor intelixente Mailbor, creado integramente na nosa terra, está xa en funcionamento e pódese acceder a el dende a páxina de seu, mailbor.com.
Segundo no conta Ricardo Villa, un dos creadores da ferramenta, a aplicación ofrece funcións que “non se atopan nos tradicionais xestores de correo”, como a posibilidade de crearmos, ao instante e sen necesidade de ningunha configuración previa, todos os enderezos de correo que desexemos. “Nós decidimos que enderezo queremos asignar a cada persoa e todos os correos chegan despois á nosa caixa de correos virtual”, engade, explicando que Mailbor vén a suplir unha serie de carencias nos diferentes servizos de email empregados por moitas das nosas empresas, “unhas carencias que derivan en problemas graves para os fluxos de traballo”. Cousas como procuras imposibles de correos por palabras clave, arquivos en cartafoles pouco prácticos de correos importantes, imposibilidade de recibir correos con arquivos pesados pola pouca capacidade da conta, etc.
mailbor.jpgEntre as grandes vantaxes de Mailbor atópase a funcionalidade de ordenar os envíos mesmo antes de recibírmolos. Igualmente, dispón dun servizo que permite crear secuencias de traballo en liña a través do correo no que cada persoa ten un papel determinado na cadea. “Isto”, explican o propio Ricardo Villa, “evita que sexa preciso carrexar papeis dun despacho a outro, aforra tempo e é máis ecolóxico”.
Entre as funcións de Mailbor tamén está a posibilidade de crear etiquetas privadas para os correos ou arquivos que non queiramos que vexan outras persoas cando temos que compartir unha conta de correo con outro compañeiro. Ademais, Mailbor evita que teñamos que utilizar ferramentas externas á aplicación web para poder enviar arquivos pesados como fotos. “Co noso xestor”, engaden os seus creadores, “podemos subir toda a información que desexemos dende o noso escritorio a Mailbor e despois enviala por email ao destinatario para que acceda aos arquivos que desexemos polo tempo que desexemos”. Por certo que estes arquivos poden ser de ata 1 GB. Os envíos de correo non teñen límite de tamaño.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?