Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Este venres comeza finalmente a cuarta edición de #InLugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Este venres comeza finalmente a cuarta edición de #InLugo

Redacción
Publicado: 15/12/2016
6 Min de Lectura
Compartir
6 Min de Lectura

inlugo_gravando-2.jpgFinalmente este venres comeza a cuarta edición de #InLugo, o Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais que organiza o Goberno da Deputación. O evento, que segundo sinala a entidade provincial esgotou as súas 600 prazas totalmente de balde, dará comezo a partir das 16.00 horas, no salón de actos do Pazo de San Marcos, coa benvida ao público e aos relatores por parte do presidente, Darío Campos Conde, e da alcaldesa, Lara Méndez López. A Deputación promove un ano máis a celebración deste importante evento, referencial a nivel galego e estatal, co obxectivo “de fomentar o uso da Rede e das novas tecnoloxías entre todos os sectores da poboación e reflexionar sobre o papel das mesmas na sociedade actual”.
A idea da entidade que preside Darío Campos é converter a Cidade da Muralla no “epicentro das redes sociais e da cultura dixital”. Para isto contarase coa presenza confirmada de preto de 20 destacados expertos e figuras relevantes das novas tecnoloxías, que compartirán nesta cita os seus coñecementos cos asistentes. Segundo lembra a Deputación, a expectación que xera este evento “é tal”, que nas primeiras 24 horas trala apertura do prazo de inscricións, “completouse o 70% do aforo”.
Como novidade este ano, ofreceuse a posibilidade de solicitar unha entrada para cada unha das sesións, isto é, para o venres pola tarde, o sábado pola mañá e o sábado pola tarde. Deste xeito, a previsión é que preto de 600 persoas asistan a esta nova edición do congreso, converténdose, en palabras da Deputación, “nun escaparate de excepción para a promoción económica e turística da provincia”. O organismo provincial fixo saber este xoves que o congreso vén acadando en cada convocatoria de seu ser trending topic en Twitter, o que supón “unha gran proxección da provincia e do talento lucense”.
Cómpre sinalar que todas aquelas persoas que non teñan a súa entrada e queiran seguir o congreso, estas poderán facelo a través de Internet, pois a Fundaciópn TIC da Deputación emitirao en streaming na web www.deputacionlugo.gal ou www.inlugo.com.
Concurso de fotografía #InLugo16
Amais de incluír relatorios e obradoiros, o programa abranguerá, coma en pasadas edicións, outras actividades de lecer e socialización “que permitan estender as ligazóns entre persoas, alén das dixitais”. É o caso do concurso de fotografía #InLugo16 co que se busca premiar á mellor fotografía da cidade (podendo estar tamén relacionada co congreso) que os asistentes publiquen en Twitter coa etiqueta #InLugo16. O gañador do concurso recibirá un smartphone última xeración.
inlugo-6.jpg Programa do venres
A conferencia inaugural terá lugar ás 17.00 horas baixo o título de Instagram, a revolución social fotográfica e nela abordarase o fenómeno de Instagram e dos instagramers da man de Phil González, responsable de novos medios de AMC Networks para a Península e América Latina e embaixador de marca de Sony Mobile, pero sobre todo é creador da maior comunidade de usuarios da coñecida rede social de fotografía, instagramers.com, con presenza en centos de cidades do mundo e en continuo espallamento.
A continuación, ás 17.45 horas, comezará a ponencia Son seguros os alimentos que comemos? Impartida por Miguel Ángel Lurueña (@gominolasdepetroleo), doutor, licenciado en Ciencias da Tecnoloxía dos Alimentos e creador do blog gominolasdepetroleo.com.
Tras unha pausa de media hora, ás 19.00 horas será a quenda de Óscar Fafián (@ofafian), responsable de Marketing de R Galicia, quen impartirá a conferencia Hogar Digital e Internet das Cousas. Xa as 19.45 horas, celebrarase un obradoiro baixo o título de Novos retos na educación tecnolóxica, impartido por Juan Garcia (@blogoff), formador e director da Escuela Bitácoras. Para finalizar a primeira xornada do congreso, ás 20.00 horas terá lugar a actuación musical de Víctor Grande (@vicgrande).
Cuarta edición dos premios #InLugo16
Como peche ao congreso realizarase a tradicional entrega dos Premios InLugo. Nados coa intención de recoñecer o labor e o empeño posto por empresas e proxectos lucenses no ámbito dixital, conta con tres categorías: Comercio, Lecer e Restauración; Deportes, Cultura e Acción Social; e Tecnoloxía.
Preto de 40 candidaturas foron presentadas para optar a estes premios de recoñecido prestixio a nivel galego e estatal. En concreto, 14 inscribíronse na categoría de Comercio, Lecer e Restauración, 16 na de Deportes, Cultura e Acción Social, e 9 na de Tecnoloxía. Logo de finalizar o prazo para participar, un xurado formado por membros da Deputación foi o encargado de valorar as candidaturas e elixir aos finalistas que se darán a coñecer durante a cerimonia de entrega será a partir das 19.30 horas o sábado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?