Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Unha mesa de debate reflexionou sobre a falta de mulleres no ámbito das TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Unha mesa de debate reflexionou sobre a falta de mulleres no ámbito das TIC

Redacción
Publicado: 15/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

poucas_mulleres_en_tic.jpgLópez Abella moderou esta tarde unha mesa de debate baixo o título Moi poucas mulleres en TIC: causas e consecuencias, que contou coa participación de Mar Pereira, directora da AMTEGA, Amparo Alonso, presidenta da Asociación Española para a Intelixencia Artificial, Íñigo Cuíñas, director da escola de enxeñaría de Telecomunicación da Uvigo e Fernando Suárez Lorenzo, presidente do Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia. A secretaria xeral de Igualdade asegurou que o crecemento intelixente precisa do aproveitamento do talento e a capacidade innovadora das mulleres novas mediante a súa incorporación aos estudos e profesións relativos ás TIC, salientando na súa introdución ao debate que hoxe en día, aínda que o acceso á tecnoloxía e o uso das súas aplicacións é cada vez máis doado e intuitivo, segue existindo unha fenda dixital de sexo que é «un problema» xa que a habilidade para utilizar Internet é cada día máis necesaria, tanto para obter mellores resultados académicos coma para conseguir mellores postos de traballo e realizar mellor a nosa actividade laboral. Por iso é fundamental ter unha motivación e un interese para achegarse ás TIC.
As razóns polas que o porcentaxe de rapazas estudantes nas TIC é baixo son múltiples: destaca a falta de coñecemento das opcións dispoñibles no mundo das TIC, a falta de modelos próximos e de proxectos divertidos e interesantes no ámbito escolar, que teñan unha compoñente de xénero.
Pola súa banda, a directora da AMTEGA indicou que a proporción de emprego entre homes e mulleres no sector TIC galego é de dous homes por cada muller traballadora, unha tendencia que se vén mantendo nos últimos anos, ao igual que no resto de Europa, e que se percibe xa desde o bacharelato. Fronte ao 46% dos mozos que optan polo Bacharelato Científico-Tecnolóxico, unicamente un 33% das rapazas o elixen, segundo datos do Estudo sobre os factores influentes na elección de estudos científicos, tecnolóxicos, enxeñerías e matemáticas en Galicia, presentado o ano pasado.
Mar Pereira sinalou que cambiar estas tendencias non depende de accións puntuais senón do esforzo moitos axentes implicados, desde o ámbito educativo, familiar, da Administración ou do propio sector. Ademais, a responsable autonómica fixo fincapé na necesidade de incrementar as vocacións tecnolóxicas en Galicia. Na Comunidade só 8,5% dos alumnos matriculados no sistema universitario galego cursa carreiras do ámbito científico tecnolóxico. Algo que contrasta co alto índice de empregabilidade e a alta demanda destes perfís profesionais. A Unión Europea prevé a creación de preto de 900.000 empregos tecnolóxicos de aquí a 2020
Esta mesa de debate pon fin ao ciclo de conferencias e mesas de debate sobre Tecnoloxías da Información e das comunicacións: o futuro xa chegou, organizada pola Real Academia das Ciencias e a Confederación de Empresarios de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?