Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Expourense e a ESEI premian tres proxectos tecnolóxicos smart
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Expourense e a ESEI premian tres proxectos tecnolóxicos smart

Redacción
Publicado: 16/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_premiados_proxectos_2016.jpgOnte, 15 de decembro, tiña lugar na Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense a entrega de premios da 16ª edición do Concurso de Proxectos Tecnolóxicos, proposta de Expourense e a Escola Superior de Enxeñaría Informática do Campus de Ourense que quer galardoar os mellores traballos fin de estudos presentados por alumnado do eido tecnolóxico de Galicia e Portugal, salientando a transferencia dos resultados ao tecido produtivo. Desta volta os premiados foron os traballos fin de grao de tres egresados da Universidade de Vigo (graos de Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación e de Enxeñaría Informática): un dron para a medida da temperatura no perímetro de zonas afectadas por incendios forestais, unha aplicación para o seguimento cardíaco perante estímulos multimedia e un portal para a xestión de viñedos.
Ao acto de entrega de premios asistían: Francisco Javier Rodríguez (director da Escola Superior de Enxeñaría Informática); Jorge Pumar (vicepresidente da Deputación Provincial de Ourense) e Cristina Álvarez (directora de Administración de Expourense).
Indo aos traballos galardoados, o primeiro premio (300 euros) foi para o traballo fin de grao en Enxeñaría de Tecnoloxías de Telecomunicación de Alberto Novoa, de definición e construción dun RPAS ou dron, para a medida da temperatura no perímetro de zonas afectadas por incendios forestais e a avaliación da súa utilidade para a prevención de posibles reproducións. Con este sistema, nun escenario de por exemplo dez hectáreas o dron faría o percorrido do perímetro en 9 minutos e 40 segundos cun custo de 2,95 euros mentres unha persoa polo método tradicional faríao en 70 minutos e cun custo de 43 euros.
uvigo_premiados_proxectos_foto_de_grupo.jpgO segundo premio (150 euros) foi para Javier Villalobos polo seu traballo fin de grao en Enxeñaría Informática Herba. Trátase, explicou, dunha “aplicación Android de monitorización cardíaca de persoas perante estímulos multimedia, como imaxes ou vídeos, ou mentres están realizando algunha acción ou estado”. A súa vantaxe é que, apuntou Villalobos, “ademais de obter información cardíaca ten en conta outro tipo de estímulos que xa achega a propia aplicación”.
O Premio Especial Deputación de Ourense-Provincia Intelixente (400 euros), foi para Alba Nogueira polo seu traballo fin de grao Portal de xestión de viñedos. Un sistema para rexistrar as actividades dunha explotación vitícola, consultar datos meteorolóxicos próximos ao viñedo e xestionar a vendima e as ofertas de traballo vinculadas a el, entre outras cuestións .

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?