Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Inaugúrase a nova edición de #InLugo coa máxima repercusión nas redes sociais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Inaugúrase a nova edición de #InLugo coa máxima repercusión nas redes sociais

Redacción
Publicado: 16/12/2016
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

in_lugo_selfie_apertura_2016.jpgEste venres inaugurouse a cuarta edición de #InLugo (o Congreso de Cultura Dixital e Redes Sociais). A apertura do evento contou coa presenza do presidente da Deputación, Darío Campos Conde, xunto coa alcaldesa Lara Méndez López. O evento, organizado pola entidade provincial, xuntará preto de 20 profesionais e expertos do ámbito das novas tecnoloxías durante esta fin de semana. Segundo informou a Deputación, o congreso converteuse nun dos temas máis comentados a nivel estatal na rede social Twitter ao longo da tarde, “sendo trending topic no ámbito español”. O presidente deu a benvida aos participantes e relatores e fixo fincapé na vontade aberta e participativa da xuntanza. Tamén agradeceu “as mostras de apoio recibidas desde o primeiro momento en que se anunciou esta nova edición do congreso”. Neste senso, destacou o feito de que se esgotasen as 600 entradas repartidas nas tres sesións nas que se divide o evento.
Pola súa banda, Lara Méndez sinalou que “dende o Concello traballamos na liña de converter Lugo en referente de encontros e convencións”. Darío Campos e Lara Méndez, amais do devandito, presentaron o concurso de fotografía #Inlugo16 co que “se busca premiar as imaxes que mellor reflictan a cidade e/ou o congreso”, fotografías que os asistentes están xa a publicar nas redes sociais coa etiqueta #InLugo16. Méndez e Campos lembraron que a/o gañadora/o do concurso recibirá un smartphone última xeración. Para animar aos asistentes a participar nesta iniciativa, a alcaldesa realizou un selfie’ co presidente da Deputación que subiu a súa conta de Twitter empregando a devandita etiqueta.
Programa do sábado
10:30 Lugo na rede. Presentación de empresas, iniciativas e proxectos relacionados coa rede e con ADN lucense.
Presenta: Pablo Rivera (@priveracapon), deputado Provincial de Innovación, Participación Cidadá, Modidade e Deportes:
• Leandro Barea (@LeandroBarea), ilustrador e humorista gráfico.
• Natalia Alonso (@CampusTerraUSC), xestora de Comunicación do Campus Terra da Universidade de Santiago de Compostela.
• Carmen Porteiro (@camaposa), fotógrafa de confianza de Google.
• Manuel Soto (@ManuSotoAg), CEO de Peryco.
12:30 Obradoiro formativo Aprende a crear desde cero unha web para o teu negocio:
• Álvaro Fontela e Ángela Piñeiro (@RaiolaNetworks), empresa líder de aloxamento WordPress.
14.00 Xantar con relatores.
17:00 O bo, se breve… Relatorios de 20 minutos (e 10 para o público)
• Os nativos dixitais non existen. Javier Pedreira (@wicho), autor do blogue Microsiervos e especialista en cultura dixital.
• Das Pontes aos vestiarios de todo o mundo. Simón Cabarcos (@blindaxe_sport), director de Blindaxe Sport
18:00 a 18.30 Pausa para o café
• Prensa Nativa Dixital. Daniel Basteiro (@basteiro). Xornalista e co-fundador do Español (@elespanol)
• Éxito en YouTube. Sebas Mouret (@sebasgmouret) YouTubber de éxito
19:30 Entrega dos IV Premios #InLugo e gañador do concurso de fotografía coa presenza de Darío Campos (@depulugo), presidente da Deputación de Lugo e Lara Méndez (@LaraMendezLopez), alcaldesa de Lugo.
20.00. Foto de familia. Despedida e peche.
Cuarta edición dos premios
Como peche ao congreso realizarase a tradicional entrega dos Premios InLugo. Nacidos coa intención de recoñecer o labor e o empeño posto por empresas e proxectos lucenses no ámbito dixital, conta con tres categorías: Comercio, Lecer e Restauración; Deportes, Cultura e Acción Social; e e Tecnoloxía.
Preto de 40 candidaturas foron presentadas para optar a estes premios de recoñecido prestixio a nivel galego e estatal. En concreto, 14 inscribíronse na categoría de Comercio, Lecer e Restauración, 16 na de Deportes, Cultura e Acción Social, e 9 na de Tecnoloxía. Logo de finalizar o prazo para participar, un xurado formado por membros da Deputación foi o encargado de valorar as candidaturas e elixir aos finalistas que se darán a coñecer durante a cerimonia de entrega será a partir das 19.30 horas o sábado.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?