Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Tres xornadas empresariais desvelarán os recursos de dixitalización que nos ofrece Re-acciona TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Tres xornadas empresariais desvelarán os recursos de dixitalización que nos ofrece Re-acciona TIC

Redacción
Publicado: 16/12/2016
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

re-acciona_tic.jpgO Centro Demostrador TIC (CDTIC) da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) vai desenvolver tres xornadas para divulgar ao máximo diversas axudas e recursos autonómicos dos que podemos botar man para inserir as nosas iniciativas empresariais na Sociedade da Información, tirando partido de todas as vantaxes que nos ofrecen as tecnoloxías dixitais. Máis en detalle, as tres xornadas difundirán as posibilidades do programa Re-acciona TIC, impulsado pola axencia e máis polo IGAPE. Haberá casos reais de éxito e presentacións de servizos. As sesións diríxense sobre todo a xerentes, responsables ou técnicos das áreas de comunicación ou mercadotecnia das empresas de calquera sector. Para participar nelas cómpre inscribirse na web do CDTIC, e a asistencia é de balde. As citas serán na Coruña, Santiago e Vigo. A asociación Ineo colaborara coa sesión da Coruña.
Este encontro divulgativo celébrase o 19 de decembro baixo o título Claves de marketing en liña para o teu negocio. Como trazar unha estratexia de marketing a través de Internet. Terá lugar na sede da Confederación de Empresarios, en horario de 19.00 a 21.00 horas. O obxectivo desta sesión é “formar os asistentes no uso a nivel profesional e de empresa de Internet e a súa páxina web para a comercialización de produtos e servizos”.O programa da xornada, que será impartida polo consultor de Toctocmedia e colaborador de EOSA Javier Varela, inclúe un relatorio que tratará as claves da mercadotecnia en liña para as empresas, ao que lle seguirá a presentación do servizo de promoción comercial dixital para PEME do programa Re-acciona TIC.
A segunda sesión desenvolverase o 20 de decembro en Santiago baixo o título Descubre o servizo de empresa dixital de Re-acciona TIC para PEME. Será na sede do CDTIC, en horario de 19.00 a 20.30 horas. O programa inclúe a presentación de catro servizos para a dixitalización empresarial ofrecidos polo programa Re-acciona TIC por parte das empresas encargadas de cada un deles: diagnose para a aplicación de solucións dixitais na empresa, a cargo de Estratega Consulting e Fundación CTIC; soporte para a adopción e o despregue de solucións en mobilidade, a cargo de Inova e Balidea; asistencia para a adopción de solucións dixitais innovadoras para a mellora da xestión empresarial, a cargo de Imatia, Cotesa e Conpas; e acompañamento na definición e a posta en marcha de estratexias de mercadotecia dixital, a cargo de Eosa e Esterea.
A sesión do 21 de decembro levarase a cabo na aula CeMIT de Vigo en horario de 19.00 a 20.30 horas baixo o epígrafe Descubre como o servizo Re-acciona TIC pode guiar a túa fábrica cara á industria 4.0. Presentaranse tres servizos para a industria 4.0 ao abeiro de Re-acciona TIC. Cada unha das presentacións correrá a cargo da empresa responsable de desenvolvelo. Así, Team & Time Solutions falará sobre o servizo de diagnose das capacidades e aplicacións das solucións de industria 4.0; Fundación CTIC Centro Tecnolóxico, da posta en marcha de solucións de industria 4.0; e Soltec Ingenieros, da xeración de modelos e simulación industrial.
As sesións de Santiago e Vigo presentan como engadido extra que serán retransmitidas por streaming para que as persoas interesadas poidan seguilas a través dun dispositivo con conexión a Internet desde calquera recanto de Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?