Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O buscador ecolóxico Ecosia aproxímase aos seis millóns de árbores plantadas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O buscador ecolóxico Ecosia aproxímase aos seis millóns de árbores plantadas

Redacción
Publicado: 19/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

ecosia.jpgResolver dúbidas na Rede ou simplemente ir á procura de algo pode traducirse nunha porción máis de osíxeno para todos, nunha porción máis de tempo na Terra. E como é ido posible? Pois grazas a un buscador que planta unha árbore con cada unha das nosas buscas. Estamos a falar de Ecosia, un navegador que abrollaba hai uns anos no maxín de Christian Kroll (creador doutras dúas máquinas de busca verdes: znout.org e forestle.de) hai tempo e que se materializou este ano cunha importante cota de éxito, de feito xa anda a rentes (a data de 19 de decembro) dos 6 millóns de árbores plantadas. Ademais, acadou unha comunidade de máis de 2 millóns de usuarios activos, o que supón máis de 2 milllóns de euros doados (0,28 euros/árbore).
Indo ao miolo, Ecosia é un buscador que doa o 80% dos ingresos de publicidade a un programa de plantación de árbores en Burkina Faso, Madagascar e Perú. Tamén apoia os proxectos de WeForest, The Eden Project, e PUR Project. É unha empresa con vocación social fundada en Alemaña a finais do 2009. Antepón o benestar das persoas á maximización dos seus beneficios. En Ecosia están convencidos de que as árbores teñen o poder de converter ao planeta nun lugar mellor.
Dende 2014 é unha B Corporation polo seu labor social e ambiental. É unha certificación que se lle dá a empresas que se comprometen a xerar un cambio social ou ambiental no ámbito no que se desenvolve.
E como vai isto de Ecosia? Pois cada vez que se fai unha procura en internet con Ecosia, os anuncios de procura xeran ingresos e o 80% deses ingresos van encamiñados a plantar árbores.
Cada vez que se emprega o buscador vai sumando a cantidade de árbores que sementou cadaquén.
E por que a escolla de árbores? Pois son un importante remedio caseiro de gran impacto na natureza con multitude de beneficios: protexen o chan evitando o seu desgaste e erosión; fixan o CO2 atmosférico e transfórmano en osíxeno; ceiban vapor de auga que refresca o aire e humedéceo; reteñen as partículas de po e contaminantes do ambiente; protexen do sol e a chuvia; reducen a contaminación acústica; promoven a biodiversidade e achegan alimento e produtos que favorecen o desenvolvemento do lugar.
En cada zona analízase o tipo de árbore a plantar, o que permite loitar contra o cambio climático e converter os desertos en bosques fértiles. Xa plantaron preto de 6 millóns de árbores, axudando ao planeta e á economía local, achegando alimento, traballo, educación.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?