Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Baiona, Cambados, Ribadumia e Vilanova estrean ferramenta para avanzar en saneamento e transparencia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Baiona, Cambados, Ribadumia e Vilanova estrean ferramenta para avanzar en saneamento e transparencia

Redacción
Publicado: 21/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

saneplan_presentacion.jpgA sede da Deputación de Pontevedra acolleu onte, con demostración práctica incluída, a presentación oficial da ferramenta informática para a xestión integrada dos saneamentos municipais, falamos de SANePLAN, un proxecto en cuxo desenvolvemento participa a dita institución provincial xunto ao Instituto Tecnolóxico de Galicia e a empresa italiana Physis SRL. Segundo se fixo saber no acto, o alicerce da aplicación é facer máis doadas as xestións e as decisións políticas e técnicas relativas ao saneamento. Tamén se recordou que a través de SANePLAN será posible facer cousas como xeorreferenciar infraestruturas, analizar o consumo enerxético, os custos e impacto ambiental, estudar as emisións de CO2, rexistrar e xestionar incidencias, analizar puntos críticos da rede ou simular escenarios futuros. O acto foi presidido polo deputado provincial Carlos López Font e dirixiuse a achegar información e recursos sobre SANePLAN ao persoal técnico dos concellos e das empresas dos ámbitos da auga e o medio.
SANePLAN, segundo engadiu López font, estreouse xa nos catro concellos orixinalmente participantes no proxecto: Baiona, Cambados, Ribadumia e Vilanova de Arousa. Nestas vilas analizáronse máis de 425 quilómetros de rede de saneamento co fin de levar a cabo sesións específicas de formación sobre o funcionamento da ferramenta cos técnicos e técnicas destes municipios. Durante a presentación tamén se fixo unha demostración práctica do funcionamento da nova ferramenta informática para a xestión integrada do saneamento municipal. “A aplicación”, lembrouse, “responde a aspectos clave que facilitan a toma de decisións políticas e técnicas sobre estas cuestións, desde as redes de saneamento, abastecemento ou de pluviais ata as propias estacións de depuración”. Igualmente, engadiuse que tamén son obxectivos de SANePLAN (entre outros) “a redución da presión sobre as masas de auga, o desenvolvemento de sistemas de goberno transparentes en relación á información medioambiental, así como para adaptar o cambio climático e a racionalización dos custos de xestión do saneamento, facilitando a súa dirección e operación mancomunada”.
SANePLAN é un proxecto aprobado pola Unión Europea, dotado cun orzamento de 1,5 millóns de euros para a planificación integrada e xestión sostible do saneamento a través de tecnoloxía de precisión innovadora. En concreto, a través desta actuación estase a impulsar a integración da xestión do saneamento e os seus elementos coa planificación urbana, co obxectivo de mellorar o funcionamento das redes de saneamento e depuración.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?