Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CiTIUS acubillará o desenvolvemento dun innovador proxecto de rehabilitación de doentes cardíacos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CiTIUS acubillará o desenvolvemento dun innovador proxecto de rehabilitación de doentes cardíacos

Redacción
Publicado: 21/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

citius_juan_carlos_vidal.jpgO proxecto de saúde dixital Recarga, iniciativa galega destinada a tirar proveito das novas tecnoloxías para a recuperación de doentes cardíacos, vén de recibir un importante pulo do Goberno, máis polo miúdo do Ministerio de Economía e Competitividade (MINECO), que vén de conceder un dos seus proxectos de innovación a Juan Carlos Vidal, investigador posdoutoral do centro CiTIUS, emprazado no Campus Vida de Santiago. A axuda en cuestión (Programa Estatal de I+D+i Orientada a Retos da Sociedade) financiará con máis de 200.000 euros a actividade de Recarga ao longo dos tres anos vindeiros.
Esta iniciativa foi unha das catro candidaturas de todo o ámbito estatal distinguidas coa devandita axuda. Recarga preséntase baixo o seguinte epígrafe: Soft Computing para analíticas de gamificación en rehabilitación cardíaca. O seu obxectivo é botar man de tecnoloxías e metodoloxías baseadas no lecer dixital (videoxogos) para pórlle freo a un dos grandes males do noso tempo: as doenzas cardiovasculares, hoxe en día a primeira causa de morte en Occidente.
Segundo explica o CiTIUS, Recarga proponse “utilizar técnicas de gamificación para facilitar a execución dos plans de Rehabilitación Cardíaca (RC), destinados a pacientes vítimas dun episodio cardiovascular grave”. Máis en detalle, a finalidade do proxecto é aplicar este tipo de técnicas tratando de promover “un estilo de vida saudable nos pacientes, favorecendo o seu benestar”.
Outra das bases do proxecto, amais da gamificación, é a personalización. Así, cada paciente terá a través de Recarga, por así dicilo, o seu propio plan de rehabilitación, acaido ás súas características e todo co “gallo de aumentar a motivación e a prolongación no tempo do uso das ditas técnicas”. Para lograr este nivel de personalización, ao abeiro do proxecto desenvolveranse algoritmos baseados en técnicas de soft computing para “facer viable a toma de decisións na adaptación a cada doente dos plans gamificados de RC, adaptándoa ás características de cada paciente”.
Estes algoritmos encamiñaranse a permitir o achado automático do fluxo real de actividades seguido polos pacientes, a estimación dos tempos de execución das devanditas actividades e a predición de excepcións e problemas no progreso dos doentes durante a realización dos plans gamificados”. Ademais, tanto estes algoritmos coma a aplicación móbil que abrollará de Recarga acabarán sendo integrados con Procardia, a plataforma de xestión do programa de RC que na actualidade está xa a implantarse no Complexo Hospitalario de Santiago de Compostela (CHUS).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?