Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo celebrou cos maiores o Nadal máis TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo celebrou cos maiores o Nadal máis TIC

Redacción
Publicado: 22/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nadal_lugo_tic.jpgA Deputación de Lugo organizou este mércores unha actividade dirixida a celebrar o Nadal dende as novas tecnoloxías da información, e viceversa. E todo facendo fincapé nos nos nosos maiores: festexando estas datas á vez que se fomentan a formación e os bos e saudables usos TIC. NadalTIC, así se chama a proposta, celebrouse o mércores no Centro InLugo, da man da Fundación TIC e a Deputación. Segundo fan saber estas entidades, unha chea de lucenses de máis de 55 anos participaron na xornada, que incluíu un cumprido feixe de actividades lúdicas relacionadas coas novas tecnoloxías, como un mannequin challenge no que houbo que botar man dos novos aparellos e plataformas para facer neles o que os participantes levan anos facendo no plano tradicional: enviaren felicitacións de Nadal e Aninovo. Neste “desafío” tamén participou o presidente da Deputación, Darío Campos.
Campos Conde salientou que “máis de 1.000 maiores de toda a provincia participan ao ano nas actividades de balde sobre novas tecnoloxías do InLugo”, actividades que os axudan a facer cousas como tirar proveito das redes sociais para comunicárense e estar, tamén, ao tanto das máis recentes novidades relativas ás redes. Campos avanzou que en 2017 InLugo seguirá con máis actividades nos 67 concellos da provincia.
O NadalTIC incluíu unha manchea de actividades ligadas ás novas tecnoloxías. “Os participantes”, sinala a Deputación, “poden crear música e sons con diversas aplicacións, ser os protagonistas dun calendario de 2017 e recibir consellos sobre os mellores hábitos de alimentación, especialmente nesta época de excesos na mesa”. A xornada, que foi aberta a todos os maiores interesados, continuou pola tarde en horario de 16:30 a 19:30 horas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?