Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo e Deloitte achegarannos formación avanzada en ciberseguridade
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo e Deloitte achegarannos formación avanzada en ciberseguridade

Redacción
Publicado: 22/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_deloitte_catedra_ciberseguridade.jpgCo obxectivo de avaliar a fondo os principais riscos da comunicación dixital (ou, mellor dito, dun mal uso da comunicación dixital, ben sexa no plano activo ou no pasivo) e as principais ameazas que nos chegan a través destas canles, a Universidade de Vigo e a consultora Deloitte veñen de crear unha iniciativa conxunta de traballo e investigación: a Cátedra Deloitte de Ciberseguridade. Segundo explicaron, comezará a súa andaina o comezos de ano. Na formalización do acordo (que foi asinado este mércores) participaron o reitor, Salustiano Mato, e o galego Rubén Frieiro, socio de Riscos de Deloitte. O principal obxectivo da cátedra é “promover o desenvolvemento de competencias profesionais do alumnado universitario e doutros profesionais, mellorando a capacitación e ampliando os seus coñecementos no ámbito da ciberseguridade”. Haberá cursos (abertos a profesionais en activo), conferencias, seminarios, e foros, a desenvolver nos Campus de Vigo e no deu Ourense.
Estes cursos e conferencias, sinalouse, irán dirixidos “ao gran público” e compartindo o nexo común da súa ligazón cos problemas reais de ciberseguridade, tanto no ámbito dos cidadáns (uso fraudulento de cartóns de crédito, datos persoais empregados para calquera uso…); como para os máis mozos (ciberacoso, ciberbullying, sexting…); e as empresas (datos de clientes/provedores, datos sensibles da propia empresa, ataques ao funcionamento diario da compañía…).
De cara a premiar ao alumnado que consiga meirande formación, os impulsores da cátedra barallan tamén a creación de varias bolsas de excelencia académica e a edición de folletos e vídeos breves sobre os principais “ciberdelitos” que axexan á sociedade, “con principal incidencia en nenos e adolescentes”. “Estas cousas teñen un efecto positivo e motivador sobre a sociedade e a súa percepción sobre os profesionais que se dedican á ciberseguridade e serven tamén para ligar a loita contra este tipo de delitos coa profesión da enxeñaría, tanto de telecomunicación como tamén de informática”, dixo na presentación Íñigo Cuíñas, catedrático de Teoría da Sinal e Telecomunicacións e director da Escola de Enxeñaría de Telecomunicacións do Campus de Vigo.
A maiores, contémplase tamén a posibilidade de editar un libro introdutorio á ciberseguridade en empresas con fins divulgativos e baseado nos principais estudos e materiais desenvoltos por distintas axencias e empresas, así como a experiencia de profesionais do ámbito.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?