Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Televés colabora nun sistema aberto de IoT para mellorar a calidade de vida dos maiores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Televés colabora nun sistema aberto de IoT para mellorar a calidade de vida dos maiores

Redacción
Publicado: 22/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

televes_activage.jpgTelevés é unha das 50 empresas europeas que participan no proxecto ACTIVAGE, unha iniciativa conxunta de saúde dixital e envellecemento activo coa que se busca construír unha plataforma aberta e interoperable baseada en Internet das Cousas (IoT) para, en palabras da compañía galega, “o despregue de solucións que favorezan a autonomía e a calidade de vida das persoas maiores”. O papel da compañía compostelá de telecomunicacións será o desenvolvemento dunha proba piloto galega na que 700 usuarios tomarán parte na validación de solucións para a integración social e sanitaria. Para a realización desta proba Televés colaborará co Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a Cruz Vermella, Fundación Vodafone, a Fundación Tecsos, a Universitat Politècnica de Valencia e máis aAxencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA).
ACTIVAGE, informa Televés, é un proxecto financiado pola Comisión Europea no marco do programa Horizonte 2020. Conta cun orzamento de 25,3 millóns de euros e un prazo de execución de 42 meses, e o seu obxectivo, como dixemos, é facer fronte ao reto que supón o envellecemento da poboación, botando man dos conceptos do envellecemento activo TIC (emprego de programas e recursos que contribúan a unha mellora da saúde dende todas as frontes, no físico e no mental) e máis concretamente da Internet das Cousas (os obxectos conectados a través das redes, entre eles e con nós).
Televés explica que “as solucións expostas oriéntanse a empregar a tecnoloxía para incrementar a seguridade das persoas maiores, favorecendo o mantemento da súa independencia e participación social, así como a reducir o impacto negativo que implica a deterioración cognitiva dos maiores e das doenzas crónicas”. Así mesmo, a creación da plataforma “impulsará no futuro o desenvolvemento de novos servizos e oportunidades de negocio no ámbito do Smart Living”.
“O noso piloto”, sinala a firma galega, “servirá para ampliar a interoperabilidade das nosas solucións deseñadas coas principais plataformas de Internet das Cousas, reforzando aspectos como a seguridade, o intercambio de información entre os fogares das persoas que necesitan coidados e os centros asistenciais, a mellora da facilidade de uso dos dispositivos, ou a integración coas redes de telecomunicación despregadas no fogar”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?