Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Sada anuncia axudas para equipar con material informático os colexios do concello
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Sada anuncia axudas para equipar con material informático os colexios do concello

Redacción
Publicado: 23/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

nena_computadora.jpgO Concello de Sada anunciou esta semana que vai subvencionar a educación tecnolóxico-dixital dos colexios emprazados no municipio coruñés. Así o fixo saber Raquel Bolaño, responsable da Concellería de Educación, que é de onde parte a devandita resolución a prol da afianzar a capacitación TIC nos centros escolares locais. Esta materializarase en diversos material informático para os centros sadenses de Educación e Primaria. O obxectivo é “impulsar a eEducación e o acceso de todo o alumnado ás novas tecnoloxías como ferramenta de aprendizaxe”.
Outra das finalidades desta medida é pór de manifesto a necesidade de complementar o proceso de capacitación TIC no ensino con material informático e investimento económico. Ao fío disto, o Concello fai un chamamento á Consellería de Educación para que “forneza aos orzamentos da Xunta as contías económicas precisas para dotar aos programas arestora en desenvolvemento nos propios centros escolares”.
O Goberno local tamén sinala que os criterios e outorgamento destas axudas son “obxectivos”, tomando como referencia de gasto para cada centro a operación de 4 euros por alumno/a excepto no EEI Carnoedo, “onde se achega o material indistintamente do alumnado ao tratarse dun centro con poucos alumnos”. En palabras da concelleira, “este formato de subvención permite que cada colexio teña liberdade de elección para mercar o material informático que considere apropiado”.
Deste xeito, a Concellería achega ao CEIP Pedro Barrié de la Maza 2.188 euros, ao CEIP Sada e Contornos 864 euros e ao CEIP O Mosteirón 1.144 euros. Polo que se refire ao EEI de Carnoedo, o departamento que dirixe Raquel Bolaño sinala que o seu número de alumnos “é tan reducido”, de 14 nenas e nenos, “que non permite a aplicación do criterio obxectivo de 4 euros por alumno/a”. Neste caso, subvención consistirá nunha tableta a disposición de toda a aula. O importe total da subvención ascende a 4.345 euros.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?