Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Balidea lidera un proxecto de robótica e virtualidade para recuperar doentes con dano cerebral
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Balidea lidera un proxecto de robótica e virtualidade para recuperar doentes con dano cerebral

Redacción
Publicado: 26/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

balidea_recupera.jpgA semana pasada presentouse no Hospital POVISA de Vigo o proxecto RECUPERA, unha iniciativa impulsada por un consorcio de empresas da nosa terra unidas baixo o paraugas común da innovación en saúde. O principal obxectivo de RECUPERA é dar forma unha tecnoloxía que bote unha man na rehabilitación de doentes con dano cerebral provocado. Máis polo miúdo, trátase de desenvolver un robot de aplicación clínica para procesos de recuperación nos que estean mergulladas persoas que fosen vítimas de doenzas como ictus ou accidentes cerebro-vasculares. Inclúe asemade un sistema de realidade virtual envolvente para permitir aos usuarios recrear actividades concretas do seu quefacer diario e prepararse, deste xeito, para levalas a cabo no plano real. Esta iniciativa está liderada por Balidea, en colaboración co Hospital POVISA, Aimen Centro Tecnolóxico e as empresas DGH, i3Te e Ficción Producciones.
Segundo nos contan dende Balidea, do robot en cuestión xa existe un prototipo operativo. “Consiste”, engade a empresa, “nun brazo robótico que se ensambla ao brazo feble dun paciente pola boneca ou a man e lle permite a realización de diversos exercicios, asistíndoo segundo os seus déficits motores”. Ademais de mellorar as habilidades do paciente, Balidea salienta que o dito dispositivo permitirá realizar un seguimento obxectivo dos progresos da persoa afectada polos danos cerebro-vasculares.
Ademais, a empresa destaca que a terapia robótica ofrecerá ao doente unha serie de vantaxes respecto da terapia convencional, como “poder levar a cabo moitas repeticións de movementos sen erros e sen fatiga”, ou alongar os adestramentos “sen necesidade de participación directa do terapeuta”. O proxecto conta cun orzamento de 1,33 millóns de euros e está co-financiado pola Axencia Galega de Innovación (GAIN) no marco do programa ConectaPEME 2016, subvencionado polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).
Balidea lembra que para o desenvolvemento de RECUPERA fixouse un prazo de 34 meses. A previsión é habilitar en 2018 en POVISA o prototipo perfeccionado no ano entrante. Unha vez feita a súa validación clínica, pasará a integrarse no día a día das salas de rehabilitación, completando o labor dos fisioterapeutas e terapeutas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?