Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Ourense presentou en decembro a súa renovada web
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Ourense presentou en decembro a súa renovada web

Redacción
Publicado: 26/12/2016
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_ourense_nova_web.jpgEntre os concellos que nesta recta final de ano decidiron remodelar a súa xanela dixital ao mundo, no fondo e na forma, atópase o Concello de Ourense, que xa ten en marcha dende hai uns cantos días a súa nova páxina web, dispoñible en ourense.gal. O primeiro que cómpre salientar do novo sitio é o mellor artellamento dos contidos e das seccións, máis doadas de empregar e de abranguer na súa totalidade. O Goberno local tamén destacou a utilidade e a sinxeleza da nova páxina, ao tempo que “a súa accesibilidade e a súa vontade de transparencia”. Os cambios, que afectaron aos contidos (máis e mellor dispostos) e á feitura, marcan unha gran distancia con respecto ao deseño anterior. De feito, é natural que así sexa, tendo en conta que a anterior xanela dixital data de 2004.
Así o explicou o alcalde Jesús Vázquez este mes de decembro: “A antiga web databa de 2004, e precisaba unha nova imaxe xa que o xestor de contidos estaba certamente obsoleto e dificultaba a actualización de contidos que unha cidade como esta precisa”. Segundo engadiu, “con esta nova ferramenta, a web pode manterse actualizada polos diferentes departamentos municipais sen maior problema”.
O desenvolvemento da nova Ourense.gal ascendeu a 6.060 € (IVE engadido). O Concello salientou, a maiores das devanditas, as seguintes novidades: o formato blog inserido na meirande parte das seccións, a apertura ás novas canles e comunidades sociais, a inclusión da funcionalidade de xeolocalización nos servizos municipais (co fin de facer máis doada a súa localización por parte da cidadanía), a incorporación vindeira da axencia institucional do alcalde ou a posta en marcha dun “espazo plural de difusión onde os grupos municipais poderán dar conta da actualidade relativa á súa axenda”. Tamén se fixo fincapé na accesibilidade, na mobilidade, na compatibilidade cos diversos navegadores e no eido responsive (deseño adaptativo a diferentes dispositivos de acceso).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?