Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A CEL achéganos á Internet das Cousas e aos vehículos non tripulados
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A CEL achéganos á Internet das Cousas e aos vehículos non tripulados

Redacción
Publicado: 28/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

cel_drons.jpgA Confederación de Empresarios de Lugo (CEL) vai centrar a súa vindeira actividade formativa no que se coñece Industria 4.0. Ou sexa, nas tecnoloxías e recursos que nos axudan a ser máis competitivos, rendibles, sustentables, cooperativos e eficaces (producir máis, mellor e dunha maneira máis acaida con menos esforzo e custes). A oferta formativa de 2017 comezará cun obradoiro de 120 horas que se dirixe a capacitar a uns 20 alumnos en temas ligados á Internet das Cousas e aos vehículos aéreos non tripulados (o curso facilitará o acceso á acreditación precisa para o manexo de drons e RPA). En palabras da Fundación, é fundamental para os profesionais galegos integrarse nas metodoloxías da Industria 4.0 ou fábrica intelixente. Con este tipo de accións formativas a entidade quere facer o posible para que as empresas da provincia non fiquen atrás.
O curso Aproximación didáctica á Internet das cousas. Aplicacións e manexo de sistemas non tripulados oriéntase, en palabras da CEL, a “facilitar a autónomos e traballadores de PEME formación actualizada en solucións de industria 4.0”. O seminario, que se impartirá ata marzo de 2017, divídese en tres módulos. No primeiro, Aproximación didáctica á Internet das cousas, de 30 horas de duración, abordaranse cuestións como tipos de sensores, fundamentos do procesado de sinal, protocolos de comunicación, tipoloxía e estrutura de redes, sistemas autónomos de tracking e xeolocalización ou fundamentos para a impresión 3D, entre outras.
No segundo, Sensórica e actuadores mecatrónicos. Aplicacións para drons, de 30 horas, os alumnos familiarizaranse co mundo dos RPA e UAV e coa captación e xestión de datos a través deles, entre outras materias. Finalmente, no terceiro módulo, Fundamentos para o manexo de vehículos aéreos non tripulados, de 60 horas, facilitarase formación para o manexo de drons así como información sobre a nova normativa que regula este tipo de vehículos aéreos.
O curso ten un custo total de 300 euros para socios da CEL (400 para non socios), embolsables en pago fraccionado (metade coa matrícula e o resto no mes de marzo).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?