Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Collen corpo seis novas aceleradoras galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Collen corpo seis novas aceleradoras galegas

Redacción
Publicado: 28/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

teclado_traballando-2.jpgHoxe publicábase no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución dun programa que segundo o Goberno galego é “ata o de agora único en España”. Inserido na Estratexia de especialización intelixente de Galicia (RIS3), o programa empresta apoio a seis novas aceleradoras sectoriais de cara a promover o emprendemento innovador en Galicia, ben no eido privado, ben noutros eidos máis específicos (economía do coñecemento-novas tecnoloxías da información, saúde e biotecnoloxía, loxística, educación, audiovisual, lecer e turismo). Detrás desta proposta atópase a Consellería de Economía, Emprego e Industria.
Emporiso, nesta primeira convocatoria, impulsada a través da Axencia Galega de Innovación (GAIN), presentáronse un total de 14 programas de aceleración, seleccionándose seis aceleradoras: Maritime Jobs HR Consulting (sector naval); Zarpamos Aceleradora de Empresas (oftalmoloxía e equipamento médico); Vasco Gallega Sociedad de Cartera (loxística e transporte); I Nova Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica (saúde e ámbito socio-sanitario no eido das Tecnoloxías da Información e a Comunicación, TIC); Conector Galicia (economía do coñecemento); e Talentiers (programa de alto rendemento que traballa en: educación, deporte, TIC, lecer e turismo, audiovisual, sector agroindustrial, etc).
Mediante estas seis aceleradoras desenvolveranse 27 proxectos empresariais. Nestas iniciativas, promovidas polo propio sector, participarán entidades e centros de referencia a nivel internacional, como: Lufthansa, Rocket Space, Centro Tecnolóxico de Monterrey, a Sociedade Danesa de Arquitectura Naval e Enxeñería Mariña ou a Academic College de Tel Aviv.
GAIN concedeu a este programa de aceleración axudas por valor de 500.000 euros e a iniciativa privada achegará de media o 60% do investimento total. Amais destas axudas, os mellores proxectos poderán contar cun investimento extra de 900.000 euros e terán a posibilidade de optar a préstamos participativos de XesGalicia de ata 50.000 euros.
As novas aceleradoras son empresas con centro de traballo en Galicia, o que contribúe a crear emprego e a potenciar a investigación e a mellora da competividade das PEME galegas. Así, dous dos proxectos terán a súa sede na Coruña (Zarpamos Aceleradora de Empresas e Talentiers); outros dous estarán en Vigo (Vasco Gallega Sociedad de Cartera e I Nova Consultores en Excelencia e Innovación Estratégica); unha quinta aceleradora estará establecida entre Vigo e A Coruña (Conector Galicia); e a sexta, promovida por Maritime Jobs HR Consulting, estará na Delegación do Colexio de Enxeñeiros Navais de Ferrol.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?