Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A veciñanza de Santiago favoreceu a recolección de 3.299 aparellos electrónicos e eléctricos grazas a Tropa Verde
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A veciñanza de Santiago favoreceu a recolección de 3.299 aparellos electrónicos e eléctricos grazas a Tropa Verde

Redacción
Publicado: 29/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tropa-verde-2.jpgA iniciativa ecolóxico-tecnolóxica Tropa Verde, impulsada polo Concello de Santiago e pola empresa local Teimas para recoñecer co diversos premios a conciencia ecolóxica da cidadanía, vén de pechar un ano de éxito. Segundo sinala o Goberno local, Tropa Verde desenvolveu en 2016 un total de 11.000 accións ambientais e foi quen de acadar 2.000 usuarios rexistrados e outros tantos participantes nas actividades escolares. Asemade, fixo posible a recolección de 3.299 aparellos eléctricos e electrónicos.
Son algúns dos datos máis importantes do balance do proxecto que o Concello ten en marcha en colaboración con Teimas Desenvolvemento. No informe tamén se di que a Tropa Verde conta xa con 115 establecementos colaboradores, responsables de entregar unhas recompensas aos veciños e veciñas máis concienciados coa reciclaxe, que xa superan o valor de 15.000 euros. Asemade, houbo unha chea de campañas de concienciación ambiental sobre reciclaxe, unha boa parte delas nos centros educativos. Nestas campañas salientouse a importancia de cousas como recoller o aceite de cociña usado ou impulsar a reciclaxe e segundas vidas de aparellos informáticos.
En termos concretos, Tropa Verde diríxese a recompensar o compromiso da cidadanía co medio ambiente e coa xestión sostible de refugallos (electrónicos e eléctricos, pero tamén de outros moitos tipos). Dito doutro maneira: trátase de recoñecer os esforzos das veciñas e veciños a prol da reciclaxe e o tratamento axeitado das cousas que xa non usan e que se poden reutilizar. O proxecto púxose en marcha en 2015 e foi concibido como un xogo responsable cunha contorna ben concreta (as rúas de Compostela) e con recompensas a xeito de descontos e premios nos comercios e a hostalería local. Para facilitar a entrega destes residuos, o Concello de Santiago e Urbaser achegan os puntos limpos de Piñor e do Tambre, e o Punto Limpo Móbil. Tamén colaboran os centros socioculturais.
Para participarmos na iniciativa Tropa Verde temos que rexistrarnos coa nosa conta de correo ou coa de Facebook. Logo de facer depósitos de refugallos (pilas, aceites, electrodomésticos, móbiles, móbeis, etc) nos sitios de recollida indicados e habilitados, recibiremos un cheque que teremos que trocar na páxina web tropaverde.gal por unha serie de puntos en forma de estrelas que se poderán cambiar polas recompensas ofertadas.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?