Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Entregados en Santiago os Premios Smart Commerce
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Entregados en Santiago os Premios Smart Commerce

Redacción
Publicado: 29/12/2016
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

291216_conde_premios_smart_commerce_1.jpgEsta mañá entregáronse en Santiago os galardóns da primeira edición do certame Smart Commerce de Galicia, impulsado pola Dirección Xeral de Comercio (Consellería de Economía) para amosar perante o mundo os establecementos da nosa terra que máis e mellor apostaron polos recursos intelixentes e as novas tecnoloxías co fin de ser máis competitivos, rendibles e eficaces. No acto de hoxe, no que participou o conselleiro de Economía, Francisco Conde, galardoáronse as melloras iniciativas en cada provincia, salientando unha das catro como a mellor a nivel da comunidade; ademais de distinguir o mellor labor en comercio electrónico e a estratexia máis eficaz en redes sociais. O establecemento coruñés Lily & White obtivo o premio á mellor iniciativa galega. Tamén se recoñeceu o labor comercial en Internet (categoría eCommerce) de Xiro Atlantic Denim, de Moaña, e a estratexia en redes sociais (categoría social commerce) da nova firma Carla López Bags.
Nesta primeira edición dos galardóns, na que se repartiron 8.500 euros en recoñecementos, tamén se recoñeceu (a nivel provincial) o traballo de Serra Alimentación por Lugo; Ciento-Siete por Ourense; Krack Zapaterías por Pontevedra; e ao establecemento coruñés de cosmética orgánica Lily & White, que, como dixemos, tamén foi premiado como o mellor de Galicia.
conde_premios_smart_commerce_publico.jpgO conselleiro Francisco Conde, que agradeceu a participación dunha trintena de iniciativas, sinalou que os premiados “apostan por ofrecer produtos cun valor engadido sen esquecer as raíces que fan do comercio galego un referente en profesionalidade e atención ao cliente”. E engadiu: “Teñen identidade propia, ofrecen produtos de calidade e impulsan o emprego das tecnoloxías de última xeración; ingredientes necesarios para que o comercio galego gañe en competitividade e sexa máis internacional”. Conde, asemade, enxalzou a colaboración existente entre a Xunta, a Federación Galega de Comercio e as diferentes agrupacións provinciais e locais.
Este certame abéirase á campaña Smart Commerce da Dirección Xeral de Comercio (Consellería de Economía). Con ela preténdese dar “maior visibilidade” aos establecementos que se sumaron a aposta por fomentar o comercio intelixente e a aplicación das novas tecnoloxías. Para lograr este obxectivo, púxose en marcha unha nova web (www.smartcommerce.gal) que, en palabras de Economía, “serve de plataforma para unir, dar visibilidade e potenciar aos comerciantes que melloraron os seus establecementos a través das TIC”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?