Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: GAIN senta os alicerces para vindeiras colaboracións cos nosos centros tecnolóxicos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

GAIN senta os alicerces para vindeiras colaboracións cos nosos centros tecnolóxicos

Redacción
Publicado: 03/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

gain_xuntanza_centros.jpgOs nosos centros tecnolóxicos, a través de ATIGA, mantiveron onte unha xuntanza de traballo coa nova directora da Axencia Galega de Innovación (GAIN), Patricia Argerey, co fin de avaliar polo miúdo os camiños de colaboración que se abren co ano entrante. Participaron na xuntanza os seis centros membros de Alianza Tecnolóxica Intersectorial de Galicia: Gradiant, Aimen, ANFACO-CECOPESCA, CTAG, EnergyLab e o Instituto Tecnolóxico de Galicia (ITG).
Na sesión, a directora de GAIN trasladoulles a vontade do Goberno galego e do organismo que representa “de seguir a colaborar nas políticas de innovación como elemento estratéxico para xerar novas oportunidades ao tecido empresarial galego”. Para Argerey, que GAIN e ATIGA cooperen de maneira estreita é clave para fomentar a transferencia tecnolóxica e, en última instancia, o bo estado de saúde da economía.
“Na medida en que Galicia conte con centros tecnolóxicos fortes e excelentes e se manteña este nivel de colaboración”, sinalou, “incrementaranse as posibilidades de impulsar a transferencia de resultados da investigación á empresa e á mellora da súa competitividade a través da I+D+i”. Na xuntanza GAIN e os centros tecnolóxicos tamén tiveron tempo para afondar nos proxectos arestora en activo, e tamén para preparar os alicerces de futuras iniciativas conxuntas.
ATIGA lembrou que a día de hoxe desenvolve preto de 300 proxectos de I+D+i, dos cales o 20% son de carácter internacional. Ademais, é titular de 75 patentes entre propias ou en colaboración con empresas, e conta cun equipo formado por preto de 900 traballadores cualificados.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?