Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Lugo e as asociacións locais inclúen as TIC nas súas actividades nos concellos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Lugo e as asociacións locais inclúen as TIC nas súas actividades nos concellos

Redacción
Publicado: 04/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

deputacion_lugo_cursos_2017_concellos.jpgO presidente da Deputación de Lugo, Darío Campos Conde, informou hoxe do programa da entidade que preside para o ano entrante en materia de accións culturais na provincia. En total, serán 545 actividades culturais a desenvolver en 56 concellos. Unha parte importante destas accións, artelladas a través de 407 asociacións (beneficiadas con 400.000 euros a través das axudas da entidade provincial, dende a área de Cultura), serán accións relacionadas coas novas tecnoloxías da información. Ademais, todas elas comparten o alicerce común de iren dirixidas a dinamizar o rural e, tamén, achegar formación de interese para os colectivos máis vulnerables (persoas con capacidades diferentes, mulleres, maiores, etc). Haberá obradoiros de informática ou de fotografía dixital, entre outras moitas materias.
Estas son as entidades que foron beneficiadas coas ditas axudas para a realización dos obradoiros e cursos: Asociación de Axuda ao Enfermo Mental A Mariña, que recibe unha axuda para o funcionamento dunha aula de cultura en Cervo; a Banda de Gaitas de Caurel para clases de música en Folgoso do Courel; a APA do CPI de Cervantes para cursos de informática; a Asociación de Pais de Alumnos do CEIP de San Xoán de Becerreá para obradoiros sobre as emocións ou mecanografía; a Asociación de Mulleres Rurais a Carballeira do Páramo para cursos de restauración ou pintura; a Asociación Cultural Abrente para actividades de música e baile tradicional nas Nogais; a Asociación de Mulleres de San Bartomeu de Insua para obradoiros de liño ou tapices, entre outros, en Vilalba; a Asociación de Promoción e Integración Xitana de Lugo para cursos sobre a lingua, exposicións ou obradoiros; a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzhéimer de Monforte para o desenvolvemento dun proxecto cultural na comarca de Lemos; a Asociación de Xubilados de Taboada para a organización de cursos e eventos culturais; a Asociación de Persoas Xordas e Maiores de Lugo para encontros e xuntanzas; a Asociación de Síndrome de Down para o funcionamento dun grupo de teatro; a Asociación A Mariña COGAMI para obradoiros de fotografía e informática en Ribadeo; a Asociación de Pensionista e Xubilados de Riotorto para actividades culturais; AUXILIA de Monforte de Lemos para actividades culturais de integración; a Fundación ANADE para cursos de formación de teatro e fotografía, entre outros centos de exemplos.
As actividades culturais permanentes xa se poden consultar na Rede en formato PDF, ao igual que a listaxe de eventos puntuais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?