Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra inicia o ano con múltiples obradoiros TIC ao abeiro de SmartPEME
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra inicia o ano con múltiples obradoiros TIC ao abeiro de SmartPEME

Redacción
Publicado: 04/01/2017
7 Min de Lectura
Compartir
7 Min de Lectura

smartpeme_deputacion_pontevedra.jpgSegue a coller folgos co inicio do ano a iniciativa SmartPEME, a resposta da Deputación de Pontevedra para levar eficazmente formación TIC aos empresarios, profesionais e autónomos da provincia. Segundo vén de informar a entidade que preside Carmela Silva, ao abeiro de SmartPEME vanse desenvolver seis cursos en xaneiro no Centro Exposalnés de Cambados, outros tantos en Pontevedra e unha vintena na contorna de Vigo (Vigo, Ponteareas e Porriño). Os obradoiros xirarán arredor de cuestións como a mercadotecnia en liña, a imaxe dixital para recursos nas redes sociais ou o desenvolvemento web, entre outros moitos temas de utilidade (e actualidade). Como lembraremos, SmartPEME, a través das súas seis sedes, ofértalles ás persoas emprendedoras e PEME da provinicia servizos de información, asesoramento e acompañamento TIC.
No que atinxe a Cambados, as quendas para o mes de xaneiro, todas elas en horario de 19:00 horas, son as seguintes: o mércores 11 de xaneiro, Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail márketing. O 17 impartirase Fotografía os teus produtos ou servizos para as redes sociais. O xoves desa mesma semana, o 19, A túa páxina web en menos de 90 minutos, ao que lle seguirá, o mércores 25, Redes sociais para a empresa: é Twitter a túa solución? e Como facer unha campaña de éxito de publicidade en Google?, o venres 27. Xa por último, o martes 31 de xaneiro, desenvolverase o obradoiro Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas. A oficina SmartPEME de Cambados, no Centro ExpoSalnés, atópase no paseo da Calzada, s/n.
No que respecta a Pontevedra, os seis talleres que se van desenvolver no edificio administrativo da Deputación son que citamos decontado: o xoves 12 de xaneiro, Como ser eficiente na organización do teu tempo: Evernote. O mércores 18, Imos chamar á porta da túa clientela. Posicionamento SEO e, tamén esa semana, Promove o teu negocio: mercadotecnia sectorial, viral e e-mail, o venres 20. A seguinte quenda é o martes 24, con Plataformas online para crear a túa web de comercio electrónico, que dará paso a Fotografía e vídeo para establecementos de turismo, o xoves 26. Pechando as accións do mes, o luns 30, desenvolverase o obradoiro Recursos e ferramentas TIC para o teu negocio. A oficina SmartPEME de Pontevedra, no edificio administrativo da Deputación, atópase na avenida de Montero Ríos, s/n.
No que atinxe ás actividades de Vigo, son as seguintes: o martes 10, Deseña sinxelamente imaxes abraiantes e profesionais, seguido de Comercializa os teus servizos a través das redes sociais, o xoves 12. A seguinte semana desenvolveranse Xestión da túa empresa: facturación e ferramentas integradas, o luns 16, e Fotografía e vídeo para establecementos de turismo, o xoves 19. Despois, o mércores 25 terá lugar A túa páxina web con WordPress (continuación) e, para rematar, Como utilizar Instagram para promover a túa empresa, o martes 31. A oficina SmartPeme de Vigo, na sede da Deputación da cidade, atópase na rúa Oporto, 3.
A oficina de Ponteareas acollerá os seguintes obradoiros: o mércores 11 de xaneiro, Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite. O luns 16 será a quenda de Desenvolve a túa propia estratexia de e-mail márketing, que dará paso, o mércores 18, a Rendibiliza o teu perfil profesional en redes sociais. O martes 24 de xaneiro seguiralle Fotografía con smartphone: PIXLR para Android e iOS, o xoves 26 desenvolverase Como mellorar a percepción da túa clientela cos teus e-mails e, por último, o luns 30 terá lugar Google Analytics: interpretación dos datos e tomas de decisións. A oficina SmartPEME de Ponteareas, no Centro de Desenvolvemento Local, atópase en Lomba do Cruceiro, 5.
smartpeme_1800x500_gal.jpgPor último, a oficina do Porriño acollerá os seguintes obradoiros: o martes 10 de xaneiro, Promove o teu perfil en Facebook con aplicacións externas e, dous días despois, o xoves 12, Google Analytics: interpretación dos datos e tomas de decisións. Pola súa banda, Xestión da túa empresa: facturación e ferramentas integradas desenvolverase o mércores 18 de xaneiro, ao que lle seguirá Unifica a xestión das túas redes sociais con Hootsuite, o venres 20. A seguinte semana, o mércores 25, desenvolverase Emprego de vídeos nas redes sociais: YouTube, Periscope…. A última quenda será a de Fotografía e vídeo para establecementos de turismo, o martes 31. A oficina SmartPEME do Porriño, no multicentro do Concello, atópase na rúa Ribeira, s/n.
Todas as actividades, tanto as de Ponteareas coma as do Porriño e as de Vigo, desenvolveranse a partir das 19:00 horas. As inscricións pódense facer no número de teléfono 886 202 020, no correo electrónico info.smartpeme@depo.es ou na web smartpeme.depo.es.
A iniciativa SmartPEME, como lembraremos, conta con oficinas no Porriño, Cambados, Pontevedra, Lalín, Ponteareas e Vigo. Dende estes centros están a desenvolverse as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis de dificultade adaptados ás necesidades das empresas, eventos de networking trimestrais coa participación de profesionais de prestixio, colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, especialización sectorial das persoas asesoras en función das necesidades da súa área de influencia, kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores e emprendedoras, identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as PEME e, tamén, o impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?