Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A galega Primux Tech estrea ano con novidades e melloras no seu catálogo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A galega Primux Tech estrea ano con novidades e melloras no seu catálogo

Redacción
Publicado: 04/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

primux_omega_peque.jpgO fabricante galego Primux Tech, emprazado na Tecnópole de Ourense (onde conta con centro de I+D propio), vén de comezar o ano anunciando un feixe de novidades importantes para os vindeiros 12 meses: novidades tecnolóxicas de interese para os usuarios de telefonía avanzada. En palabras de Primux, “o novo ano vén cargado de actualizacións ou versións melloradas de varios dispositivos da casa”. En primeiro lugar, a firma galega salienta as optimizacións aplicadas sobre o seu smartphone Omega 7.
Agora, co seu “deseño simple, cómodo e con capacidade de adaptación”, o Omega 7 salienta pola súa pantalla HD de 5,5 polgadas e tecnoloxía 4G que “nos permitirá navegar e subir ou baixar datos a unha velocidade asombrosa”. Conta ademais cunha cámara de 13 Mpx para que poidamos, en palabras de Primux, “capturar todo o que nos rodea”.
As melloras tamén chegan ao modelo Kapa P501, o teléfono intelixente máis accesible (economicamente) da familia Primux. “Coa súa pantalla de cinco polgadas en HD, permitiranos gozar a toda cor dos nosos vídeos e fotos favoritas”. Incorpora agora cámara de 13 Mpx e memoria de 8 GB ampliable a 32 GB con microSD. Trátase do smartphone máis económico de Primux pero, segundo lembra o fabricante galego, “non por iso menos completo”.
primux_sporty.jpgOutro trebello que foi obxecto de optimizacións foi a Cámara Sporty 4K, a nova cámara de aventuras de Primux, que ademais de todos os elementos que nos deparou en datas vindeiras incorpora agora un mando para poder controlala a distancia. “Vaias á neve ou a mergullarte nas profundidades mariñas, non perderás ningún detalle coa cámara Sporty”, lembra Primux.
Por último, a firma ourensá recorda que o Notebook 1401 inclúe a partir de xa un elemento para incrementar aínda máis a súa sinxeleza e efectividade, máis en detalle un novo procesador que “suma potencia e rapidez para os nosos tempos de lecer e traballo sexan mellores”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?