Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Até 35 rapaces participaron nos obradoiros de Ames sobre electrónica e impresión 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Até 35 rapaces participaron nos obradoiros de Ames sobre electrónica e impresión 3D

Redacción
Publicado: 04/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

ames_obradoiro_deseno_e_impresion_3d2.jpgA Concellería de Mocidade de Ames quixo rematar o ano con formación tecnolóxica avanzada e con potencial para abrir vindeiras xanelas profesionais. Foron, máis en detalle, dous obradoiros sobre novas tecnoloxías, desenvolvidos o pasado mes de decembro, o primeiro sobre deseño e impresión 3D e o segundo sobre electrónica. Leváronse a cabo nas casas da Cultura de Milladoiro e Bertamiráns e neles participaron finalmente 35 mozas e mozos. Esta en palabras do Concello “gran acollida” das actividades reflectiuse no feito de que ficase xente á espera de conseguir unha praza. No obradoiro de deseño e impresión 3D participaron 20 alumnos, e 15 no de electrónica.
ames_obradoiro_electronica1.jpgEstas actividades, que terán continuidade, forman parte dunha liña de formación e divulgación da que por estas mesmas datas, en 2015, abrollaron máis obradoiros de robótica, e este mesmo ano, a comezos de decembro, xurdiu unha interesante mostra de proxectos maker a cargo dunha ducia de entidades galegas (o Roteiro Maker organizado polo Concello). Volvendo aos obradoiros destes días, sinalar que se dirixiron a rapazas e rapaces de 12 anos en adiante. O primeiro taller, o de deseño e impresión 3D, encamiñouse a permitirlles coñecer os programas de modelado 3D e dar forma aos seus primeiros proxectos neste eido. No segundo, desenvolvido en Bertamiráns na Casa da Cultura, os alumnos traballaron con leds, timbres, pilas ou circuítos electrónicos cos que puideron, entre outras cousas, facer luz a través de elementos moi sinxelos.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?