Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A USC, referente a nivel mundial en difusión científica a través do modelado 3D
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A USC, referente a nivel mundial en difusión científica a través do modelado 3D

Redacción
Publicado: 05/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

usc_d3mobile-5.jpgO campionato científico escolar D3Mobile Metrology World League 2017, do que falamos hai pouco dende Código Cero con motivo da presentación en Lugo da súa máis recente convocatoria (a deste ano entrante), está a servir non só para potenciar vocacións tecnolóxico-dixitais entre a nosa mocidade (e a mocidade internacional) senón tamén para visualizar perante o mundo o importante traballo dos investigadores do Campus de Lugo e, por enteiro, da Universidade de Santiago. Segundo vén de informar a USC, a institución académica foi quen de converterse, grazas ao dito certame, na primeira universidade que aposta polo modelado 3D como vía para difundir e dar a coñecer o labor científico que desenvolven os seus grupos.
Como lembraremos, o campionato é unha iniciativa baseada no emprego dos móbiles e as tabletas como ferramentas de deseño avanzado en tres dimensións. A liga vén da man do grupo USCAN3D da USC, Campus de Lugo, que como dixemos abriu recentemente a súa quinta edición.
O certame foi concibido, en palabras dos organizadores, como “unha experiencia educativa en liña que persigue a estimulación do que se coñece como competencias STEAM (Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemáticas) entre o alumnado de 12 a 18 anos”. Esta vontade de salientar a comunicación investigadora materializouse coa presente edición, a de 2017, na posta en marcha dun galardón específico destinado a difundir “os resultados de investigación dun científico, centro ou equipo de investigación da USC, así como na implantación dun premio semellante orientado á divulgación da ciencia no contexto español”. A idea, a maiores, é impulsar a transferencia de coñecemento de xeito colaborativo entre a universidade compostelá e os estudantes e docentes que participan neste campionato internacional.
Segundo engade a USC, as persoas interesadas en participar na quinta edición de D3Mobile poden formalizar a súa inscrición de balde ata o 14 de marzo de 2017 na web deste campionato, d3mobile.es, onde tamén poderán atopar cumprida información sobre os requirimentos establecidos, prazos e galardóns establecidos para os distintos equipos gañadores.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?