Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Consumo achega unha charla para amosar á cidadanía como mercar ao xeito na Rede
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Consumo achega unha charla para amosar á cidadanía como mercar ao xeito na Rede

Redacción
Publicado: 05/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

comercio_electronico-3.jpgAs aulas CeMIT de Abegondo, Beariz, Valga e Vilagarcía de Arousa (Centro Matosinhos) van acoller unha xornada simultánea dirixida a informar polo miúdo aos consumidores sobre as vantaxes e riscos de mercar a través de Internet. A charla, organizada polos catro Concellos e o Instituto Galego de Consumo, celebrarase o vindeiro luns 9 de xaneiro, a partir das 11 da mañá. A actividade, aberta a toda a cidadanía, insírese no ciclo Consumo na Rede. Segundo informan os organizadores, a sesión vén moi a conto neste intre concreto no que vivimos, dado que coincide co inicio da tempada de rebaixas, unha tempada que tamén abrangue ao comercio electrónico.
Por outra banda, engaden, tampouco hai que esquecer que o propio ámbito do ecommerce é un ámbito que medra a día de hoxe de xeito exponencial, haxa rebaixas ou non, “de aí a necesidade de lograr que os usuarios coñezan as vantaxes que fornece, pero tamén os riscos que supón”, explican fontes dos concellos e do IGC. Na sesión tamén se informará sobre os dereitos que asisten á persoa que realiza unha compra a través das novas tecnoloxías a hora de realizar devolucións ou cambios. Igualmente forneceranse consellos e recomendacións para un uso responsable das ferramentas e servizos de ecommerce.
A charla terá unha duración de hora ou hora e media e realizarase a través do sistema de vídeo conferencia desde a Escola Galega de Consumo. Está orientadas a todos os públicos ao tratar temas actuais que nos afectan en gran medida como consumidores habituais.
As persoas interesadas en seguir o evento a través de vídeo conferencia que se emitirá nas devanditas aulas CeMIT (e tamén nas aulas que se adhiran á iniciativa ao longo destes días), poderanse inscribir a través da plataforma XEA -no caso de ser usuario rexistrado das aulas CeMIT-, ou de maneira presencial nas propias aulas informáticas.
Na sesión, a respecto dos contidos, traballaranse todos os aspectos relacionados con consumo cando accedemos á Rede por distintos medios: computadores, redes sociais ou telefonía móbil.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?