Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A Deputación de Pontevedra quere afinar tecnoloxías para impulsar o turismo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A Deputación de Pontevedra quere afinar tecnoloxías para impulsar o turismo

Redacción
Publicado: 09/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

xunta-de-goberno-aprueba.jpgA Deputación de Pontevedra vai facer fincapé nas novas tecnoloxías para a súa actividade vindeira en materia de promoción turística. Así o vén de acordar a xunta de Goberno da entidade provincial, que aprobou o expediente para a contratación con procedemento aberto do servizo de recadación do Plan Estratéxico de Turismo Rías Baixas 2017-2020. Este, dotado cun orzamento de 78.650 euros, forma parte dunha estratexia que en palabras da Deputación é, ante todo, “unha nova forma de facer política turística, máis e mellor planificada e con meirandes recursos para que o sector privado e o público traballen da man”. Segundo fixo saber a presidenta da entidade provincial, Carmela Silva, as empresas que se presenten ao concurso para a redacción do dito plan deberán realizar un diagnóstico exhaustivo da situación actual do sector turístico da provincia. Inclúese neste punto, entre outras moitas cousas, unha enquisa en liña para tomarlle o pulso ás empresas do sector e unha análise pormenorizada da contorna tecnolóxica e as canles de mercadotecnia máis eficientes.
Máis en detalle, as firmas terán que realizar un traballo de campo co sector privado, coñecer as súas necesidades e expectativas, realizar entrevistas personalizadas coas asociacións turísticas da provincia e con 40 empresas como mínimo dos diferentes sectores asociados á oferta turística, así como unha enquisa dixital a unha mostra representativa das empresas do sector e a organización de, ó menos, unha mesa de traballo en cada comarca.
Igualmente, terán que analizar as características da demanda turística, da oferta e infraestruturas e dos servizos turísticos, así como da competencia e da cadea de valor. Amais realizarán tamén unha análise da xestión da información e dos recursos para atraer turistas e asegurar o seu regreso; estudarase o entorno social, económico ou tecnolóxico que pode influír no desenvolvemento turístico; as canles de distribución comercial e promocional e todos os axentes que teñen relevancia en materia turística, para o que se elaborará unha ficha específica individual con información sobre a súa influencia; a canle de comunicación máis eficiente; as tendencias actuais en ámbitos semellantes á provincia de Pontevedra; o diagnóstico global do destino e os aspectos a ter en conta na definición do modelo turístico da provincia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?