Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Xa podemos pedir á Xunta o recibo de notificacións en formato electrónico
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Xa podemos pedir á Xunta o recibo de notificacións en formato electrónico

Redacción
Publicado: 09/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

sistema_notificacion_amtega.jpgEste 2017 que vén de comezar a cidadanía galega xa está en disposición de pedir á Administración autonómica notificacións en formato electrónico. E poderá facelo a través do sistema Notific@, un servizo que permite o envío de comunicacións con acuse de recibo e selo electrónico da Xunta, coas características de seren “fidedignas” e de poder a Xunta confirmar o acceso e mailo rexeitamento da notificación. Segundo vén de informar o Goberno galego, este tipo de solicitudes dixitais está activado xa en 290 procedementos e estenderase a máis ámbitos e tramitacións ao longo do ano entrante.
A Xunta tamén engade, volvendo ao sistema Notific@, que aquelas persoas que non teñen a obriga de relacionárense en liña coa Administración (teñen esta obriga persoas xurídicas, entidades sen personalidade xurídica, profesionais con colexiación obrigatoria e empregados públicos), poden seleccionar o medio de notificación preferente, ben a través de Notifica.gal por ou vía postal. “Con independencia da opción elixida a Administración creará sempre de oficio un enderezo habilitado en Notific@ para que poida optar por esta vía cando o desexe”, explica a Xunta, engadindo que Notifica.gal funciona como “un enderezo electrónico”. Desta maneira, explica a Administración, o usuario só ten que darse de alta (a través do formulario de iniciación do procedemento administrativo correspondente ou polo propio sistema notifica.xunta.gal). “Logo disto”, infórmase, “o receptor da comunicación ten en Notifica.gal unha caixa de correo electrónica ligada ao seu NIF ou certificado electrónico e alí poderá consultar a comunicacións recibidas”. Previamente, iso si, recibirá un aviso de que ten unha misiva pendente no móbil ou correo electrónico que indicara durante a alta. Asemade, pode autorizar a calquera outra persoa a acceder ao contido das súas notificacións a través da opción Administrar Autorizacións dentro de As Miñas Opcións.
Como dixemos, a Administración autonómica sinalou que ten activados a día de hoxe 290 procedementos habilitados co devandito sistema, sendo o programa ir abranguendo ao longo de ano os restantes procesos incluídos na Guía de Procedementos e Servizos da Xunta que requiren de notificación. Ademais, rexistráronse máis de 26.000 comunicacións electrónicas de 20 procedementos ao longo de 2016. Ademais, explica a Xunta, “estase a traballar na catalogación, codificación e habilitación da notificación daqueles procedementos a instancia de parte ou de oficio que actualmente non están incorporados na guía”.
Lembrar que o Consello da Xunta do pasado 22 de decembro aprobou establecer o Sistema de Notificación Electrónica de Galicia, Notifica.gal, como “a canle única para o envío das notificacións electrónicas a cidadanía por parte de todo o sector público autonómico.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?