Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A dixitalización das administracións, a debate o 26 de xaneiro en Santiago
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A dixitalización das administracións, a debate o 26 de xaneiro en Santiago

Redacción
Publicado: 10/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

eadministracion_dixital.jpgO vindeiro xoves 26 de xaneiro Santiago vai acoller unha xornada de debate e reflexión arredor da Administración Electrónica e os seus principais retos a curto, medio e longo prazo. O Seminario Modernización Dixital das Administracións Públicas en Galicia vén da man da Fundación SOCINFO e da revista Sociedade da Información e conta co patrocinio das compañías galegas SIVSA, especializada en servizos tecnolóxicos avanzados de xestión, e ABANCA. Tamén se contará coa colaboración da Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA), o SERGAS, a Deputación de Lugo e os Concellos de Vigo e Santiago. O programa de actividades dará comezo ás 9.00 horas coa acreditación e entrega de documentación. Logo, ás 9.30 horas, será a quenda de José García Méndez, director da revista Sociedade da Información. Ás 9.40 intervirá a directora de AMTEGA, Mar Pereira.
A mesa primeira debate, prevista para as 10.00 horas, contará coa presenza de Almudena Chacón, interventora xeral da Consellería de Facenda (Xunta), José María Franco (responsable de Solucións de Innovación, SIVSA) e Jorge Prado (xefe de Servizo de Soporte e Implantación do SERGAS). Ás 12.00 horas, logo da quenda de preguntas e o descanso para o café, será a quenda da mesa segunda, na que intervirán Pablo Rivera, deputado da Área de Innovación da Deputación de Lugo, e Javier Albertos Benayas, responsable de Modernización e Innovación do Consello de Vigo. Na mesa terceira, a derradeira da xornada, participará Natalia Prieto, directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa da Consellería de Presidencia, e José María Barreiro, director xeral de Función Pública da Consellería de Facenda. A clausura virá da man do alcalde de Santiago, Martiño Noriega.
Segundo informa a organización, o audio do evento será envorcado logo da celebración da actividade na web de SOCINFO, podéndose acceder de balde ás intervencións individuais de cada un dos relatores. Tamén se pendurará na web a presentación ou documentación utilizada polos participantes nas mesas. Ademais, realizarase un resumo do evento que se publicará en formato revista na web de SOCINFO.
O seminario celebrarase no Edificio Abanca da praza de Cervantes, en Santiago. A inscrición no evento é de balde para funcionarios de sector público e empresas privadas non tecnolóxicas, nin consultoras. A inscrición de persoas de sector privado tecnolóxico ou consultor ten un custo de 199 euros (IVE incluído).

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?