Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O servizo 010 de Lugo duplica comunicacións dixitais
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
NOVAS

O servizo 010 de Lugo duplica comunicacións dixitais

Redacción
Publicado: 10/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

concello_lugo.jpgO Concello de Lugo vén de facer o seu habitual reconto de actividade en relación ao seu Servizo de Información 010, un exame e valoración que nos serve (entre outras cousas) para pór de manifesto o crecente emprego das novas tecnoloxías da información como canle da comunicación da cidadanía coas súas institucións máis próximas. Neste caso concreto, a cidadanía de Lugo. Segundo explica o Goberno local nun plano máis detallado, o servizo devandito leva máis de 945.000 consultas atendidas dende que entrou en funcionamento no ano 2005, entre chamadas telefónicas e correos electrónicos. No 2015 recibíronse preto de 57.000 chamadas e máis de 2.100 correos electrónicos, mentres que no 2016 foron case 70.500 chamadas e preto de 4.700 correos electrónicos, entre outros a solicitude do servizo de intérprete de linguaxe de signos para persoas xordas.
A canle de información 010 está a día de hoxe integrada por 4 teleoperadoras. Dende este servizo xestiónanse cousas como avisos de atoamentos de sumidoiros, avarías no subministro de augas, limpeza nas rúas ou “calquera tipo de incidencia no funcionamento do servizo público”. A través deste número tamén se informa das actividades “extramunicipais” realizadas por entidades colaboradoras do Concello, obras de teatro, números de teléfono ou información turística, entre outras.
O Goberno local de Lugo tamén que lembra que o 010 fornece información por outros medios, como a mensaxeiría ou as redes sociais. Na actualidade, esta plataforma conta con dous servizos de mensaxeiría de balde, chegando a 2.000 persoas inscritas nos mensaxes de texto a través do teléfono móbil, e 3.500 inscritos no correo electrónico. En canto ás redes sociais, o 010 está presente en Facebook, Twitter e Youtube, contando nestes momentos con máis de 2.500 seareiros, logrando 20.780 visualizacións o seu perfil de Facebook no pasado mes de decembro.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?