Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Telefónica crea un club cos máis puxantes talentos dos xogos electrónicos, Movistar Riders
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Telefónica crea un club cos máis puxantes talentos dos xogos electrónicos, Movistar Riders

Redacción
Publicado: 10/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

movistar_riders-2.jpgTelefónica vén de informar dunha serie de medidas para impulsar, a través de Movistar, a súa vertente de negocio e contidos baseada nos xogos electrónicos. Con este fin, asinou un acordo estratéxico coa compañía ESL, referente a nivel mundial neste ámbito dos eSports, e deu forma a unha plataforma de contidos exclusivos para a contorna dixital e para Movistar+. Ademais, creou un club profesional de deportes dixitais, Movistar Riders, que terá sede de seu e que servirá de lanzadeira e acubillo para “os novos talentos e promesas”, contándose para isto con apoio técnico e adestramento especializado (ao xeito dos grandes clubs). A aposta da operadora por este eido do lecer dixital non é nova. De feito, leva anos colaborando nos grandes eventos de eSports, impulsando parties e fornecendo de fibra avanzada as máis reputadas probas.
Polo que atinxe á alianza entre Telefónica e ESL, ten o obxectivo de “reforzar o impulso actual dos xogos electrónicos no territorio estatal”. Ambas as entidades sumarán as súas capacidades co fin de fortalecer as probas amateur e de profesionais en España, amais de “atraer o mellor talento e desenvolver actividades e programas para todos os niveis de competición”.
Polo que atinxe ao segundo dos alicerces desta nova estratexia de Movistar, a plataforma de contidos, sinalar que estes terán difusión en todas as canles (medios dixitais, redes sociais e televisión) e serán integrados na oferta actual de deportes de Movistar+, “fornecendo aos seareiros un escaparate incomparable para gozar e sentir a emoción desta disciplina dunha forma inédita en España”. Desta maneira, Movistar eSports (no dial 29, dentro das plataformas de IPTV e DTS) achegaranos ás grandes citas deste deporte (ESL ONE, ESL INTEL EXTREME ou ESL MASTERS SERIES) e a cada un dos 13 torneos previstos para este ano que comeza. Por outra banda, en Movistar Deportes 1 (Dial 55) e Movistar Deportes 2 (Dial 56) os fans poderán gozar de franxas específicas de contido eSports.
A maiores, desde Movistar crearase unha plataforma dixital que garanta que os seareiros dispoñan en todo momento “dun lugar na Rede onde poder consultar as últimas novidades ou a programación; gozar do contido audiovisual; adquirir os seus xogos favoritos; participar en concursos, ou gozar de vantaxes, descontos, etc”.
Ao mesmo tempo, Movistar creou Movistar Riders, un club deportes electrónicos formado por varios equipos profesionais de videoxogos, onde os novos talentos poderán desenvolver a súa carreira deportiva, “con todo o apoio técnico e a preparación física requirida”. O club terá unha sede física, Movistar Gaming Center, un centro de alto rendemento que ademais de ser o lugar de adestramento dos equipos Movistar Riders, será o punto de encontro de profesionais, xogadores e fans. Movistar Riders, que terá a estrutura propia dun club deportivo profesional, arrinca con cinco equipos, que vestirán o equipamento oficial do club, nos seguintes xogos: Overwatch, Hearthstone, Counter Strike: Global Offensive, Call Of Duty e League Of Legends.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?