Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Abre o prazo para participar en LugoWork, que inclúe dous cursos TIC
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Abre o prazo para participar en LugoWork, que inclúe dous cursos TIC

Redacción
Publicado: 11/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

lugowork.jpgA Deputación de Lugo vén de abrir o prazo, dende xa e ata o 3 de febreiro, para solicitar a nosa participación nos seus cursos LugoWork, iniciativa de accións formativas destinada lucenses de menos de 30 horas rexistrados no Sistema de Garantía Xuvenil. LugoWork, que ten abertas as canles de participación a través das webs da Deputación de Lugo e da Escola de Organización Industrial (EOI), arrinca con sete accións formativas de balde, dúas das canles teñen relación directa coas novas tecnoloxías da información (vendas en liña e xestión informática e de Internet).
LugoWork, como lembraremos, é o primeiro plan de emprego xuvenil participativo da provincia, impulsado pola entidade que preside Darío Campos tras captar case 2 millóns de euros da Unión Europea a través da EOI. Hai prazas para 105 persoas. Os participantes terán a posibilidade de ser contratados en empresas da provincia durante 6 meses.
Para isto, o organismo provincial asumirá parte dos custos laborais con axudas de 5.000 euros ás entidades contratistas lucenses, que serán seleccionadas nun vindeiro concurso público. As 7 accións formativas, que inclúen preto de 1.600 horas de formación, son: Auxiliar de Vendas Online e Atención ao Público; Axudante de Cociña e Servizo de Restauración; Emprego eficiente e uso de maquinaria para o aproveitamento forestal; Aserrado de madeira; Auxiliar de Xestión Informática e Internet para PEME; Traballos auxiliares en obras de rehabilitación e construción e Operario de obra civil.
Os cursos celebraranse nas zonas centro, norte, sur e montaña lucenses, pois terán lugar en Lugo, Viveiro, A Fonsagrada e Monforte de Lemos.
A Deputación tamén informou que durante este ano fornecerá máis cursos con posibilidade de contratos, ao tempo que arrancará a liña de LugoWork que inclúe formación e axudas de 3.000 euros para que mozos lucenses no paro poñan en marcha os seus propios establecementos, favorecendo o emprendemento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?