Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: TEDxRúaSanFroilán pechará a actual edición de EmpregaTIC en Lugo
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

TEDxRúaSanFroilán pechará a actual edición de EmpregaTIC en Lugo

Redacción
Publicado: 11/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

tedx_lugo.jpgA edición actual do obradoiro EmpregaTIC do Concello de Lugo, destinado a achegar formación tecnolóxico-dixital á mocidade local co fin de incrementar a súa empregabilidade, vaise pechar cun evento que inserirá a cidade galega nos escenarios de desenvolvemento das prestixiosas charlas TED. O punto e final do dito obradoiro, a xuntanza TEDxRúaSanFroilán, será o vindeiro 11 de marzo no MIHL (Museo Interactivo da Historia de Lugo). O evento foi dado a coñecer pola concelleira de Economía e Emprego, Ana Prieto. Na presentación, a edil estivo acompañada polo equipo do obradoiro EmpregaTIC do Concello, que obtivo a licenza para traer á cidade de Lugo por primeira vez as charlas TEDx, formato local das prestixiosas charlas TED.
A cita contará coa presenza da campioa do mundo de paraduatlón, Susana Rodríguez, entre “outros relatores dos que se irá informando os días vindeiros”, segundo avanzou Ana Prieto, que tamén sinalou que “esta é a primeira vez que se celebran uns relatorios destas características na cidade, dos que na actualidade en España hai concedidas 25 licenzas para o ano 2017, que aparecen recollidas no mapa de ted.com”. As charlas, engadiu, “pivotarán ao redor do talento como ferramenta usada para poñer en valor ideas que paga a pena compartir en diferentes ámbitos, polo que os relatores serán persoas destacadas que dean a coñecer ideas e ferramentas que poidan resultar útiles para a sociedade”.
Como dixemos, o evento porá peche ao obradoiro EmpregaTIC, que conta con 15 alumnos formándose nas áreas de xestión do mercadotecnia, comunicación e desenvolvemento de produtos multimedia interactivos. Por esta razón, tamén se aproveitará a devandita cita e o espazo do MIHL para dar a coñecer o traballo realizado polos mozos e mozas que participaron nos diferentes obradoiros municipais que deron lugar ao EmpregaTIC.
Segundo explicou a concelleira, o aforo está limitado e as entradas para o evento estarán a disposición dos interesados nas vindeiras semanas, que as poderán conseguir a través dun concurso, no que se valorará o talento e a creatividade dos participantes plasmado nun vídeo ou nunha imaxe. As bases do mesmo publicaranse na páxina web www.tedxruasanfroilan.com e nas redes sociais da xornada.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?