Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A presidenta de Chile acode á posta en marcha da plataforma da Bolsa de Emprego desenvolvida por Altia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A presidenta de Chile acode á posta en marcha da plataforma da Bolsa de Emprego desenvolvida por Altia

Redacción
Publicado: 12/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

altia_chile.jpgOnte celebrouse en Chile unha “botadura” tecnolóxica de primeiro nivel e que nos colle de preto. Máis en detalle, a posta en marcha oficial da nova plataforma tecnolóxica da Bolsa Nacional de Emprego de Chile, BNE, desenvolvida pola empresa galega Altia. O acto contou coa presenza da presidenta de Chile, Michelle Bachelet, o alcalde da municipalidade de La Granja, Felipe Delpin, a ministra de Traballo e Previsión Social, Alejandra Krauss, o presidente de Altia, Tino Fernández e o director asociado da empresa e responsable da execución do proxecto para a BNE, Jesús Deza. Na súa intervención, a presidenta chilena sinalou que a nova plataforma informática da BNE “permite facilitar o encontro entre a oferta e a demanda de emprego, a través dunha potente ferramenta dispoñible as 24 horas ao día, os sete días da semana e desde calquera lugar de Chile”.
En virtude dos traballos feitos por Altia, a Bolsa fornece “un moderno servizo de información e mediación laboral a través dunha plataforma web”, engadiu a presidenta.
Segundo lembrou, a plataforma ten dúas grandes vantaxes. Por unha banda, é de balde para todos os usuarios e todos os servizos. Pola outra, permite acceder ás certificacións que se requiren, tanto para acreditar títulos ou experiencia laboral, como para a obtención dos beneficios do seguro de cesantía.
altia_bne_apertura.jpgCómpre sinalar que a través da BNE o Goberno chileno fornece prestacións ás persoas que perderon o seu traballo e, tamén, facilita a procura de emprego permitindo a visualización e dispoñibilidade de vacantes laborais por parte de potenciais axentes a prol do emprego. Ademais, posibilita a certificación automática para o acceso aos fondos de cesantía, a oferta dos cursos de capacitación e a interoperabilidade con outras organizacións (rexistro civil, oferta pública de emprego, etc).
Ao abeiro do contrato asinado coa BNE, a empresa galega está a ocuparse tamén da administración e do mantemento do portal. Ademais, encárgase da subministración, instalación, mantemento e acubillo da infraestrutura tecnolóxica do portal.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?