Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A UVigo lidera o proxecto de creación da primeira plataforma de cursos en liña de Marrocos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A UVigo lidera o proxecto de creación da primeira plataforma de cursos en liña de Marrocos

Redacción
Publicado: 12/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

uvigo_marmooc.jpgA Universidade de Vigo presentou hoxe un ambicioso proxecto para crear a primeira plataforma de cursos en liña (MOOC polas súas siglas en inglés) en Marrocos, que a institución académica galega coordinará en colaboración con media ducia de socios europeos. O proxecto, coñecido como MarMOOC, abranguerá unha completa oferta de cursos masivos, de partida doce como mínimo, e de seis cursos privados como proposta de arrinque. A plataforma centrarase en media ducia de áreas de coñecemento prioritarias para o país norteafricano como son a economía e administración de empresas, dereito, ciencias, enxeñaría, pesca, agricultura e saúde.
Participan en MarMOOC as seguintes universidades do país magrebí: Université Abdelmalek Essaadi, Université Ibn Tofail, Université Moulay Ismail, Université Ibn Zohr, Université Internationale de Rabat, Université Privée de Marrakech, así como o Ministerio de Educación Superior de Marrocos. Todas estas entidades poderán, a través deste proxecto europeo, avanzar durante os vindeiros tres anos no proceso de afianzamento e medre do que a Universidade de Vigo cualificou de “enfoque de ensino e aprendizaxe híbrido, que combina o ensino tradicional en persoa e a aprendizaxe a distancia a través dos últimos avances tecnolóxicos e pedagóxicos, como son os MOOC e SPOC”.
A UVigo contará nesta iniciativa co apoio da Universidade de León, o Instituto Real de Tecnoloxía de Suecia, a Vrije Universiteit Brussel de Bruxelas, a Universidade de Tecnoloxía Química e Metalúrxica de Sofía, Bulgaria, a Universidade de Pierre e Marie Curie de París, Francia, e a Rede de Universidades das Capitais de Europa. O proxecto consolida as accións de cooperación internacional que a institución viguesa desenvolve desde 2002 coas universidades de Marrocos e en especial coa Université Abdelmalek Essaadi.
Na reunión de lanzamento do proxecto, que se celebrou hoxe na Escola de Enxeñaría de Telecomunicación, o reitor da Universidade de Vigo, Salustiano Mato, amosouse convencido que de este proxecto “vai ser un chimpo cualitativo que nos permitirá camiñar xuntos, aprender uns dos outros e facer as cousas mellor para o noso alumnado”. E engadiu: “Estamos moi interesados en colaborar para fomentar esta forma de hibridar o xeito de ensinar sen perder a esencia do ensino universitario rigoroso e excelente”. Mato tamén fixo fincapé na aposta da Universidade de Vigo por “empregar as novas tecnoloxías de xeito intelixente, para evitar que a non presencialidade non diminúa o rigor e a excelencia académica”. Igualmente, achegou un chamamento a non caermos “no exceso de información que chega a través da Rede e que afecta á sociedade”.
O proxecto, explicou, executarase arredor de cinco eixos principais: apoiar aos socios das universidades marroquís no deseño e produción de contidos educativos innovadores; dotar dunha plataforma compartida para os cursos en liña; sensibilizar en relación coa a aprendizaxe a distancia na educación superior en Marrocos e reforzar as capacidades do persoal docente e técnico, a través de formación específica impartida na Universidade de Vigo e na Universidade de Pierre e Marie Curie de París, en relación coa aprendizaxe a distancia e a instalación de equipamento específico TIC para as universidades norteafricanas a través do financiamento recibido da UE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?