Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Gran presenza das TIC entre as 70 firmas que optan ao premio empresarial da Deputación da Coruña
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Gran presenza das TIC entre as 70 firmas que optan ao premio empresarial da Deputación da Coruña

Redacción
Publicado: 13/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González
O presidente da Deputación da Coruña, Valentín González
A Deputación da Coruña convocou a primeira edición do Premio á mellor iniciativa empresarial, un recoñecemento que, como se indica no seu nome, vai dirixido a salientar e visualizar o traballo ben feito en materia de emprendemento e innovación no ámbito da provincia. Segundo salienta a entidade que preside Valentín González, rematado o prazo de presentación de candidaturas, un total de 70 firmas optan finalmente ao devandito galardón, unha boa parte delas pertencente ao sector das novas tecnoloxías da información. Segundo explicou o presidente da Deputación, do que se trata é de “recoñecer o traballo realizado polas pequenas empresas, autónomos e emprendedores comprometidos co desenvolvemento da provincia da Coruña”. O premio será de 50.000 euros e artéllase en dúas categorías.
A primeira modalidade (25.000 euros) está destinada a novas iniciativas empresariais, cunha traxectoria de menos de doce meses dende o inicio da súa actividade. Nesta modalidade concorren un total de 46 empresas. Na segunda categoría do galardón, tamén cunha dotación de 25.000 euros, participan dúas ducias de firmas e recoñecerase á mellor iniciativa consolidada, con máis de cinco anos de experiencia.
Segundo informa a Deputación, os eidos de actividade das aspirantes son “moi variados”, destacando “as empresas relacionadas coa aplicación das novas tecnoloxías da información e a comunicación e as dos sectores turístico, do transporte e do comercio, así como empresas especializadas do sector alimentario, en especial na produción e comercialización de produtos ecolóxicos”. Entre os criterios que se terán en conta para a concesión do premio figuran cuestións como o grao de innovación, a creatividade da idea de negocio, a creación de postos de traballo, a estratexia comercial e as perspectivas de medre, no caso das empresas con menos de 12 meses de existencia. No caso das consolidadas atenderase a parámetros relacionados co medre da facturación, a capacidade de espallamento alén da nosa terra, o grao de innovación, as boas prácticas de xestión empresarial e políticas de responsabilidade social corporativa ou a presenza feminina na empresa, entre outras cuestións.
A Deputación agarda facer público o fallo deste primeiro Premio á mellor iniciativa empresarial coruñesa durante o primeiro trimestre de 2017.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?