Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Orange dotará aos centros educativos galegos de conexións á Rede a ata 500 Mbps
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Orange dotará aos centros educativos galegos de conexións á Rede a ata 500 Mbps

Redacción
Publicado: 13/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

escolas_conectadas_orange_detalle.jpgO presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, recibiu hoxe ao conselleiro delegado de Orange España, Laurent Paillassot, quen lle explicou as principais iniciativas do operador en Galicia, entre as que destacou o despregamento de redes ultrarrápidas en 820 centros educativos públicos da Comunidade, responsabilidade de Orange tras resultar a empresa adxudicataria da iniciativa Escolas Conectadas, que se desenvolve grazas á colaboración entre a AMTEGA, a Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, o Ministerio de Educación, Cultura Deporte e Red.es, que é o órgano de contratación.
Segundo explicou o seu conselleiro delegado, Orange garante conexións de 500Mbps de baixada e 500 Mbps de subida en 518 centros educativos e 150 Mbps de baixada e 50 de subida noutros 321 centros. Ademais, a Xunta proporcionará a todos os centros contarán Wi-Fi de alta capacidade. O investimento da actuación xunto co custe do mantemento das liñas supoñen un orzamento de 17,7 millóns de euros. Esta actuación, sumada ás que xa ten en marcha a Administración autonómica, posibilitará que a totalidade dos centros públicos de primaria e secundaria galegos, máis de 1.200, dispoñan de redes ultrarrápidas a finais de 2018 (a día de hoxe máis do 40% dos centros educativos contan con conexións de 100/200 Mbps).
O incremento de velocidade permitirá os centros ter un acceso máis efectivo á Rede, sen esperas ou contratempos, permitindo a conexión simultánea dun maior número de equipos e o funcionamento de máis aplicacións informáticas cun tempo de resposta adecuado.
Laurent Paillassot tamén avanzou ao presidente que os servizos de fibra óptica de Orange están xa dispoñibles nas localidades da Coruña, Pontevedra, Ourense, Ferrol, Santiago de Compostela e Lugo, e ao longo de 2017 sumaranse 40 municipios máis.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?