Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Narón centrou nas TIC boa parte do deu programa formativo en 2016
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Narón centrou nas TIC boa parte do deu programa formativo en 2016

Redacción
Publicado: 16/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

concello_naron_hermida_natalia.jpgO programa municipal de formación de 2016 do Concello de Narón pechouse, en palabras do Goberno local, “cun resultado positivo”. Así o fixo saber a edil de Formación, Novas Tecnoloxías e Mocidade, Natalia Hermida, pois un total de 267 persoas “obtiveron unha acreditación, a través do pertinente diploma, que recoñece a súa capacidade para levar a cabo tarefas relacionadas cos cursos realizados, que abrangueron diferentes áreas”, incluída a tecnolóxico-dixital nas súas múltiples vertentes. Hermida subliñou que o programa, dirixido a persoas desempregadas da localidade, e que obtivo unha forte demanda de prazas en cada un dos cursos ofertados, e que o ano pasado foi dun total de 885 solicitantes para as 323 vacantes que se convocaron durante 2016 a través desta iniciativa”.
En canto ás accións formativas ofertadas, salientamos os da temática Inclusión Tecnolóxica, con seis accións de: Xestión Empresarial con Software Libre (260 horas para 10 persoas); Habilidades dixitais básicas (100 horas para 20 persoas en dúas edicións); Marca persoal-diferenciarme nas redes (60 horas e 10 persoas) e Alfabetización dixital: Ofimática, trámites online, busca de emprego a través de Internet (110 horas e 10 persoas, en dúas edicións).
No apartado de Ámbito Interprofesional convocáronse os de: Prevención de Riscos Laborais, Medio Ambiente Naval e Prevención de Riscos no Naval (76 horas e 20 persoas); Medio Ambiente no Naval e Prevención de Riscos no Naval (16 horas e 20 persoas); Operador carretilleiro/a e operador/a de Plataformas Elevadoras con certificación UNE (35 horas e 48 persoas); Hixiene Alimentaria para manipuladores de alimentos (5 horas e 20 persoas); Primeiros Auxilios (5 horas e 20 persoas); Conversa en Inglés (80 horas e 15 prazas) e Atención ao público e habelencias comunicativas (150 horas e 15 prazas). Por último, no Ámbito de Iniciación Profesional –todos eles con 100 horas de prácticas profesionais non laborais en empresas- desenvolvéronse os de: Electricidade Básica (300 horas e 15 persoas); Servizos de cafetería e bar (230 horas e 15 persoas); Peixería (300 horas e 15 persoas); Panadería e Bolería (310 horas e 15 persoas). Tamén se levaron a cabo os de Xestión de almacén-Carretilleiro/a (100 horas e 15 persoas) e Carnizaría (400 horas, das que 100 foron prácticas, e 15 persoas). En canto ao Eido da Innovación e TIC convocouse un de Programación e Robótica para futuros formadores (300 horas e 15 persoas) que incluíu prácticas en diferentes centros educativos.
A edil de Formación e Novas Tecnoloxías avanzou que no ano que acaba de comezar “desde o Goberno local continuaremos apostando por ofrecer aos veciños e veciñas de Narón un completo programa de accións formativas”. Natalia Hermida subliñou a importancia de “mellorar e incrementar a formación de todas as persoas desempregadas para que poidan ter máis facilidades e oportunidades á hora de acceder ao mercado laboral”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?