Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O CPETIG e o CPEIG critican o que consideran un novo caso de discriminación da Informática no emprego público
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O CPETIG e o CPEIG critican o que consideran un novo caso de discriminación da Informática no emprego público

Redacción
Publicado: 16/01/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

informatica_sergas.jpgO Colexio Profesional de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, vén de pór de manifesto o que considera un novo caso de discriminación da profesión nos procesos de selección públicos de persoal. Desta volta, informa o CPETIG, o caso viría da man do Servizo Galego de Saúde (SERGAS), a raíz dunha recente convocatoria para prazas de técnicos de xestións e técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, publicada no DOG o pasado 10 de xaneiro. Nesta convocatoria “ponse de manifesto a evidente discriminación da Enxeñaría Técnica en Informática, fronte ao resto de enxeñarías”, informa o CPETIG.
Nun plano máis concreto, a entidade esgrime que nas bases do proceso do SERGAS estipúlase que poderán acceder ás devanditas prazas (de técnico de xestión de sistemas e tecnoloxías da información, grupo A2) calquera persoa titulada universitaria en iguais condicións que unha titulada en Informática. “Porén”, engade o colexio que preside Marcos Mata, para ás vacantes de técnicos especialistas de sistemas e tecnoloxías da información, do grupo C1, “esíxese formación profesional en Informática”.
O CPETIG sostén que “a discriminación con respecto das/os tituladas/os en Enxeñaría Técnica ou Grao de Informática non fica no devandito”, chegando “mesmo ao apartado de puntos obtidos por formación, onde a posesión deste título non supón valoración adicional, cando si a asistencia a cursos”. O CPETIG di que en base a isto, obtería máis puntuación neste proceso do grupo A2 un titulado de calquera materia que teña realizado, por exemplo, un curso de ofimática, que unha persoa titulada en Enxeñaría Técnica en Informática.
Para o colexio, estamos ante un “clamoroso prexuízo ao colectivo de profesionais da Informática”, unha circunstancia agravada “pola exclusión da titulación de Informática do Recoñecemento de Cualificacións Profesionais do Ministerio de Industria, quedando polo tanto á marxe da regulación profesional”.
O Colexio de Enxeñaría Técnica en Informática de Galicia, CPETIG, como “entidade responsable da defensa dos intereses profesionais do colectivo”, pide a respecto do devandito “o apoio e o compromiso inequívoco da Xunta para reverter esta situación, como xa fixeron outras administracións autonómicas, como a Generalitat Valenciana que en 2010 creou por lei o Corpo Superior Técnico de Enxeñaría en Informática”.
Lembrar que a necesidade de pór fin ao que o colexio cualifica de “insostible agravio comparativo co resto das enxeñarías” xa levou ao CPETIG a presentar aos candidatos á presidencia da Xunta de Galicia nas eleccións autonómicas do pasado setembro “un paquete de medidas para ser asumidas polo novo Executivo”. Entre outras demandas, o CPETIG solicitaba o regulamento da profesión e a creación do Corpo Superior de Xestión en Enxeñaría Técnica en Informática da Xunta, considerando que “a implantación da Administración Electrónica e os retos futuros en materia de automatización dos procedementos fan imprescindible a creación deste tipo de corpos especializados”.

Reacción do CPEIG

O conflito apuntado polo CPETIG tampouco resultou alleo ao Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG), que o pasado día 14 dirixiu unha carta a Margarita Prado Vaamonde, directora xeral de Recursos Humanos do SERGAS, para solicitar unha entrevista urxente en relación a unha convocatorio de «especialistas en sistemas e tecnoloxías da información» que exclúe aos licenciados/enxeñeiros en Informática do proceso no caso das prazas tipo C1 e, en cambio, inclúense todo tipo de titulacións como válidas para o caso de prazas de tipo A2.
O CPEIG considera de suma gravidade e discriminatoria esta convocatoria, polo que dirixiuse á responsable do SERGAS co animo de explicarlle persoalmente o desacerto das bases e convidala a emendar o erro como xa fixeron outras administracións públicas recentemente a petición do CPEIG.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?