Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A EGAP reforzará as materias relativas á administración electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A EGAP reforzará as materias relativas á administración electrónica

Redacción
Publicado: 18/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

20170118_egap_01.jpgO vicepresidente da Xunta de Galicia, Alfonso Rueda, asistiu ao Consello Reitor da Escola Galega de Administración Pública (EGAP), no que a directora do organismo, Sonia Rodríguez-Campos, informou sobre as actividades do 2016 e o programa previsto para este ano. O Plan de formación de 2017 presentado hoxe contempla un forte incremento das materias relativas á administración electrónica e inclúe un total de 623 actividades dirixidas ao persoal das administracións públicas da Comunidade Autónoma de Galicia, o que suporá un 18% máis ca no ano anterior.
Durante os últimos anos, o organismo traballou por conseguir unha formación sen barreiras xeográficas ou temporais, a través da implantación da autoformación e do incremento da formación en liña; centrada nos temas de actualidade con incidencia na Administración pública e no seu funcionamento, a través da celebración de xornadas e cursos monográficos; e máis práctica, establecendo un 25% de obradoiros como mínimo en todas as actividades de formación continua. Deste xeito a EGAP converteuse nun centro aberto a todas as persoas interesadas en formarse e nunha peza imprescindible para acadar unha Administración de calidade, eficaz e eficiente no cumprimento dos fins de interese xeral que ten asignados.
20170118_egap_02.jpgA formación deste organismo vai ser esencial para a modernización administrativa requirida pola cidadanía e esixida polas leis 39 e 40/2015. Por este motivo, en 2017 a Escola incrementa substancialmente os cursos relativos á administración electrónica, facéndoos extensivos a todos os empregados públicos aos que se lles oferta formación.
O plan de actividades presentado hoxe engloba ao persoal da Administración autonómica, da Administración local, da Administración de xustiza, ao persoal de administración e servizos das universidades galegas e ao persoal da Administración institucional e dos entes instrumentais do sector público de Galicia. Para todos eles está prevista durante 2017 a convocatoria de 623 edicións formativas, un 18% máis ca no 2016, e 29.625 prazas, un 27% máis ca no 2016.
Ao igual que en anos anteriores, a EGAP propón un programa formativo que integra os cursos dirixidos aos distintos colectivos de empregados públicos da Comunidade Autónoma, vertebrándose nuns obxectivos de mellora e modernización comúns e, ao mesmo tempo, atendendo ás necesidades concretas de cada colectivo. Así, a directora da Escola presentou un plan formativo específico para os empregados de cada Administración e outro de autoformación común para todos os colectivos.
Finalmente, Sonia Rodríguez-Campos fixo referencia aos cursos superiores e de especialización, xornadas e cursos monográficos previstos para os próximos meses. De entre eles destacou o curso superior sobre as leis 39 e 40/2015, do procedemento administrativo común e do réxime xurídico do sector público; o curso superior sobre as novas directivas de contratos públicos e a nova lei resultante da súa transposición; o curso superior sobre a elaboración, xestión e avaliación de estratexias integradas de desenvolvemento urbano sustentable; a xornada sobre A lei 10/2014 de accesibilidade de Galicia e a convención internacional sobre persoas con discapacidade 2006; e a xornada sobre a boa Administración e o Dereito administrativo.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?