Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: SmartPEME quere contar cos axentes TIC máis senlleiros da provincia
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

SmartPEME quere contar cos axentes TIC máis senlleiros da provincia

Redacción
Publicado: 18/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

1601-reunion-alcaldesa-starpeme.jpgEste luns, 16 de xaneiro, a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva e o deputado de Innovación e Promoción Económica, Javier Dios, reuníanse cos axentes TIC da provincia e de toda Galicia de cara a presentar as novas iniciativas do proxecto SmartPEME para asociacións empresariais, amais de amosar as canles de colaboración e sinerxía que estas poden achegar durante o seu desenvolvemento. Cómpre lembrar que SmartPEME é o programa da Deputación de Pontevedra que vai á procura de potenciar o desenvolvemento económico da provincia a través das Tecnoloxías da Información (TIC) e que vai paseniño abríndose a novos sectores, chegando ata as persoas autónomas, os concellos e dende agora, tamén, ás asociacións empresariais e empresas provedoras TIC.
Carmela Silva sinalou que “traballaremos dun xeito moi transparente e sen ser parte activa das decisións das empresas sobre quen vai desenvolver os seus proxectos”, tendéndolles a man ás asociacións empresariais, “xa que si que imos ser parte desa colaboración coa que sumaremos sinerxías, co obxectivo de que todas e todos gañemos e que SmartPEME se converta cada vez máis nun instrumento que oferte máis posibilidades sen competir nin suplantar as empresas que se adican a iso, e conseguindo que todas as empresas e persoas emprendedoras ás que asesoramos conxuntamente consoliden os seus proxectos para poder favorecer unha cultura emprendedora e crear prosperidade económica”.
Até o de agora, SmartPEME xa realizou preto de 4.000 asesoramentos a máis de 1.900 empresas, persoas emprendedoras e autónomos e autónomas da provincia de Pontevedra.
Nas seis oficinas de SmartPEME, instaladas en Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, O Porriño e Vigo, estanse poñendo en marcha as seguintes actividades: itinerarios de obradoiros temáticos con diversos niveis, eventos de networking trimestrais (coa participación de profesionais), a colaboración con asociacións e promoción de alianzas institucionais, a especialización sectorial dos asesores e asesoras (segundo as súas necesidades), kits de asesoramento en novas tecnoloxías a emprendedores, a identificación e difusión das necesidades TIC aos provedores de solucións para as pequenas e medianas empresas e o impulso de novas carteiras de servizos de asesoramento.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?