Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: DICO Summit 2017 mergullaranos na influencia dos contidos dixitais en múltiples sectores
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

DICO Summit 2017 mergullaranos na influencia dos contidos dixitais en múltiples sectores

Redacción
Publicado: 19/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

dico-2.jpgO programa do evento DICO Summit 2017, que se celebra o 24 e o 25 de xaneiro en Santiago co obxectivo de afianzarnos no rumbo de converternos nunha potencia de contidos dixitais, segue a ser fonte de importantes novidades. Se antonte falabamos de boa parte das mesas e paneis previstos na tarde do primeiro día e na xornada seguinte, e onte do papel que van despregar as operadoras e as plataformas de distribución, hoxe é a quenda de salientar o programado para a segunda xornada: unha achega dende múltiples facetas e puntos de vista á pegada dos contidos en diferentes sectores produtivos.
Este segundo día de actividades abranguerá a presentación de diferentes casos de éxito nunha manchea de eidos, como por exemplo o téxtil, a acuicultura, a alimentación ou a saúde, a educación ou o turismo. A intención das entidades organizadores de DICO (AMTEGA, Clúster TIC de Galicia e CLAG) é amosar “que a nova economía tamén é dixital”.
Para visualizar o impacto dos contidos dixitais e as tecnoloxías relacionadas, representantes de diversos sectores económicos de Galicia presentarán casos de éxito e boas prácticas na mesa A economía tamén é dixital. Así, o Cluster Alimentario de Galicia (CLUSAGA) exporá o seu proxecto MarketLab, unha infraestrutura de innovación aberta centrada en analizar os factores que inflúen na compra do consumidor actual na contorno da intelixencia competitiva. Pola súa banda, Queres Tecnoloxía exporá ferramentas de información masiva (Big Data) aplicadas á interoperabilidade sanitaria para mellorar a atención ao paciente. Ademais, o Cluster Téxtil Moda (COINTEGA) presentará SIMSS, unha plataforma que permite ás empresas do sector da moda vender máis con menos esforzo e xestionar de forma máis eficiente os seus procesos internos.
Pero os relatorios e paneis da segunda xornada non rematan no devandito. Manuel Meijide, director de Ilux Visual Tecnologies amosaranos no seu relatorio O turista dixital como “viaxar sen saír de casa” e como isto pode ser posible grazas aos contidos dixitais. No panel A educación do futuro busca contidos, o project manager de Netex, José Domenech, e o co-fundador de Tesla, Esteban Vázquez, exporán os proxectos que se están a desenvolver neste eido no sector educativo, en palabras dos organizadores de DICO Summit “un dos grandes consumidores de contidos dixitais”.
A última mesa da xornada xirará en torno ao emprendemento no sector dos contidos dixitais en nela intervirán o responsable do Centro de Innovación de RTVE, Esteban Mayoral Campos, o director legal de Liberty Global, Borja Varela e o socio do estudio galego de videoxogos Gato Salvaje e fundador de Start Your Business International Consulting, Fernando Prieto..

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?