Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Ourense achega tecnoloxías para optimizar a calidade da colleita de Ribeiro
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Ourense achega tecnoloxías para optimizar a calidade da colleita de Ribeiro

Redacción
Publicado: 19/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

uvigo_ribeira_viticultura.jpgPredicir o resultado final da colleita de viño permitiría a un colleiteiro poder organizar as prácticas culturais, os traballos de bodega, a contratación de persoal ou seguros agrarios ou mesmo evitar fraudes por introdución de uva foránea. Isto é o que pretende acadar o proxecto estatal levado a cabo por investigadoras/es da Facultade de Ciencias de Ourense (UVigo). No dito estudo, que quer establecer modelos de predición da colleita con varios meses de antelación para as variedades autóctonas de vide da Denominación de Orixe Ribeiro, estanse a analizar diversos parámetros como os requirimentos de frío e calor das vides. De ter éxito este proxecto, os colleiteiros poderán saber a finais de maio ou comezos de xuño a previsión de cantidade de uva que van recoller e disporán dunha aplicación para teléfonos móbil que lles indicará se é preciso ou non fumigar en cada intre.
E poderán facelo, coa axuda da app, atendendo non só ás condicións meteorolóxicas senón tamén á fase da vide e á existencia de patóxeno no aire, feito que contribuirá á redución de uso de produtos fitosanitarios, traducíndose isto na calidade do viño e na protección do medio ambiente e do consumidor, segundo Francisco Javier Rodríguez Rajo, investigador principal do proxecto.
Neste proxecto, titulado Estratexia para a optimización e desenvolvemento sostible da colleita de variedades autóctonas de vide da Denominación de Orixe Ribeiro, participa un equipo multidisciplinar de especialistas en viticultura, botánica, fitopatoloxía, aerobioloxía e modelización estatística con redes neuronais procedentes de diferentes entidades públicas e privadas, das universidades de Vigo e Santiago de Compostela, da Cooperativa Vitivinícola do Ribeiro e da Estación Fitopatolóxica do Areeiro.
En resumo, con este estudo preténdese establecer modelos de predición do inicio das diferentes fases fenolóxicas das variedades brancas de vide Loureira, Godello, Treixadura e Albariño mediante modelos fenoclimáticos que cuantifiquen as necesidades de frío e calor que condicionan a rotura da latencia e o posterior inicio do ciclo reprodutivo, prestando especial atención ás fases de floración e maduración. Tamén se avaliará a eficacia de fecundación de cada variedade, a viabilidade dos seus grans de pole e o seu grao de adaptación á comarca do Ribeiro.
Asemade, e tirando proveito desta información, as investigadoras e investigadores tentarán establecer modelos de predición da concentración de pole no aire e das esporas dos principais fungos fitopatóxenos na atmosfera dos viñedos do Noroeste de España.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?