Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Campus de Pontevedra e o SERGAS investigarán nas vantaxes da saúde electrónica
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Campus de Pontevedra e o SERGAS investigarán nas vantaxes da saúde electrónica

Redacción
Publicado: 19/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

uvigo_sergas.jpgA saúde electrónica é o futuro e dende o campus de Pontevedra toman boa nota disto e póñense mans á obra, pois un grupo de investigadores do Observatorio de Gobernanza G3 (Área de Ciencia Política e Administración da Universidade de Vigo), co apoio do Instituto de Investigación Sanitaria Galicia Sur (IISGS) do SERGAS (Servizo Galego de Saúde), levan a cabo un estudo da saúde dende unha perspectiva do goberno e da Administración Electrónica (eAdministración).
Emporiso, logo da primeira reunión deste proxecto (titulado: E-Saúde en área de xestión integrada), irase establecendo unha axenda de traballo para abranguer investigacións de dirección e xestión sanitaria e de saúde arredor de cinco eixos claves: a e-Health ou saúde electrónica, as políticas públicas xeradas ao seu redor, o uso das TIC na contorna sanitaria, casos e boas prácticas en Áreas Integradas de Saúde e os doentes crónicos menores de 40 anos (e-young chronics).
E ollando cara adiante, nun contexto de cinco anos, os profesores doutores da Universidade de Vigo Enrique José Varela Álvarez, Xosé María Mahou e Óscar Briones traballarán cos profesionais da Unidade de Calidade (UCAL) da Estrutura Organizativa de Xestión Integrada (EOXI) de Pontevedra-Salnés, Modesto Martínez, Ismael Said, José Antonio Esperón e José Antonio Losada.
Engadir que en colaboración co programa do Máster Universitario on-line en Dirección Pública e Liderado Institucional, desenvolveranse outras canles de estudo de cara a mellorar a comprensión do problema da saúde en Galicia.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?