Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O Concello de Lugo presenta a web para consultas e reservas da Biblioteca Municipal
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

O Concello de Lugo presenta a web para consultas e reservas da Biblioteca Municipal

Redacción
Publicado: 19/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

lugo_concelleira_basadre_biblioteca.jpgA Biblioteca Municipal de Lugo vén de facer reconto da súa actividade tecnolóxico-dixital e, tamén, revisión das novidades para este 2017. Entre estas últimas figura como novidade estrela unha nova páxina web para facermos consultas e reservas de fondos a través da Internet. O sitio, un catálogo dixital, está xa dispoñible en biblioteca.lugo.gal e máis a través da web municipal, lugo.gal. Estes e outros datos foron dados a coñecer no salón de plenos do consistorio pola concelleira de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua, Carmen Basadre, quen lembrou que a Biblioteca conta a día de hoxe con preto de 38.000 exemplares e 12.000 usuarios. Ademais, engadiu, realizou 22.041 préstamos durante o 2016, no que se deron de alta 327 persoas.
biblioteca_lugo_gal.jpgVolvendo ao catálogo dixital, Basadre sinalou que “ten como obxectivo a localización de información dunha forma sinxela e rápida, así como ofrecer diversos servizos que estaban sendo demandados polos propios usuarios da biblioteca”. Tamén explicou que o acceso ao catálogo permite a visualización dos resultados de cada procura cos datos bibliográficos do documento e ofrece ligazóns sobre os seus autores e materias. Engadiu que para tirarmos partido da ferramenta, non é preciso que esteamos rexistrados.
Porén, apuntou, quen si que estea dado de alta na Biblioteca terá á súa disposición unha serie de servizos tecnolóxicos “extra”, como por exemplo recibir mensaxes relativas a reservas, devolucións e informacións de interese, visualizar o histórico dos préstamos, renovar préstamos, reservar exemplares, suxerir documentos para a súa compra ou incluír temas ou autores de interese (permitindo que cando unha nova obra sexa catalogada e atenda aos datos incluídos polo usuario, este reciba un correo electrónico comunicándolle a nova incorporación).
Reconto do 2016
A concelleira, no ámbito do balance do ano que vimos de deixar atrás, sinalou que na actualidade, o número de usuarios inscritos no servizo de préstamo da Biblioteca Municipal é de preto de 12.000, dos cales máis de 10.000 son adultos e 1.300 nenos, dándose de alta neste servizo 327 novos usuarios durante o 2016. “Un servizo”, dixo, “que se reforza ano tras ano coa constante actualización e ampliación do seu fondo bibliográfico que conta a día de hoxe con 37.944 exemplares, dos que 31.642 son libros, 14.005 infantís e 17.637 adultos; 4.440 documentos audiovisuais, 1.361 documentos sonoros e 501 documentos electrónicos”.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?