Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: O DICO Summit abrirá as súas portas o vindeiro martes
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Eventos

O DICO Summit abrirá as súas portas o vindeiro martes

Redacción
Publicado: 20/01/2017
4 Min de Lectura
Compartir
4 Min de Lectura

dico_summit_2017.jpgO DICO Summit, organizado pola AMTEGA, o Cluster TIC e o Clúster Audiovisual galego, abre as súas portas o vindeiro 24 de xaneiro con dúas xornadas nas que se tratarán as últimas novidades sobre os contidos dixitais e a súa repercusión en novos modelos de negocio en diferentes ámbitos, inaugurando o evento a directora xeral de History Channel Iberia, Carolina Godayol, e o director de Afiliados, Medios Dixitais e Investigación de Viacom, Daniel Muñoz. O creador de Unicoos e finalista do Global Teacher Prize 2017, David Calle, será o encargado de ofrecer a conferencia de apertura da xornada do 25 de xaneiro.

Contidos
  • Carolina Godayol e Daniel Muñoz
  • Educación a través de Youtube
  • Showroom, networking e concurso de ideas

carolina_godayol.jpg

Carolina Godayol e Daniel Muñoz

Desde o ano 2011 Carolina Godayol é a directora xeral de The History Channel Iberia, empresa que produce e distribúe en España, Portugal e os países africanos de fala portuguesa, as canles de televisión Historia, A&E e Crime&Investigación. Previo a esta experiencia foi directora xeral de NBC Universal Global Networks, e Showtime Networks. Conta con máis de 20 anos de experiencia liderando equipos na contorna da televisión de pago, con ampla traxectoria en áreas de mercadotecnia e creatividade, produción cinematográfica ou televisiva e programación.

daniel_munhoz.jpgDaniel Muñoz é director de Afiliados, Medios Dixitais e Investigación de Viacom, un dos maiores maiores grupos de medios e contidos do mundo, que integra medios como MTV, Nickelodeon, Comedy Central e VH1, entre outros, así como a produción e distribución de contidos a través de Paramount Pictures. É un profesional cunha ampla traxectoria no mundo tecnolóxico e dos contidos, traballando para entidades coma PWC, IBM, FOX, Eurosport ou Discovery Network Entertaiment. Ademais, ten experiencia en innovación e transformación de negocio. Con máis de 15 anos de experiencia é un executivo internacional que ven de traballar en grandes compañías tecnolóxicas e de comunicación.

david_calle.jpg

Educación a través de Youtube

A segunda xornada, centrada na influencia dos contidos dixitais nos distintos sectores produtivos, arrancará coa experiencia do director xeral de Unicoos, David Calle. finalista del galardón Global Teacher Prize 2017 que premia ao mellor profesor do mundo.
Unicoos é unha canle de matemáticas, física, química e tecnoloxía en YouTube, orientada á formación STEM de millóns de estudantes en todo o mundo. Na actualidade é a primeira canle educativa do mundo en fala hispana da súa categoría, con case 700.000 subscritores e 92 millóns de visitas.

Showroom, networking e concurso de ideas

Ademais, contarase cun espazo de exhibición, un showroom, no que os asistentes poderán coñecer de primeira man parte das tecnoloxías que marcarán o futuro dos contidos dixitais e as súas aplicacións prácticas. Haberá tamén tempo para que as empresas asistentes conversen entre elas cun espazo de networking, habilitado especialmente para o coñecemento entre empresas e profesionais co obxectivo estreitar lazos e fomentar acordos e colaboracións dentro do mundo dixital. Por último, impulsarase o talento local a través do concurso de ideas relacionadas con novos proxectos no eido dos contidos dixitais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Eventos

A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha xornada centrada na robótica social e as emerxencias

27/11/2026
Eventos

GPUL organiza na Coruña un obradoiro para afondar no uso avanzado de Bash

27/11/2026
Eventos

Últimos días para inscribirse na Semana Europea da Robótica, en Santiago

23/11/2026
Eventos

Culturgal 2026 reunirá os colectivos galegos do sector gamer

20/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?