Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: A primeira convocatoria de ReaccionaTIC quere dixitalizar 65 PEME galegas
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

A primeira convocatoria de ReaccionaTIC quere dixitalizar 65 PEME galegas

Redacción
Publicado: 23/01/2017
2 Min de Lectura
Compartir
2 Min de Lectura

eadministracion_dixital-2.jpgEste sábado deuse a coñecer no Diario Oficial de Galicia (DOG) a resolución da concesión das axudas aos servizos de asistencia, diagnose e soporte na implantación de solucións de Empresa Dixital e Industria 4.0 do Programa ReAccionaTIC, promovido pola AMTEGA e o IGAPE. Estes servizos de pulo á empresa dixital serán emprestados ás PEME (Pequenas e Medianas Empresas) beneficiarias a prezos reducidos por axentes colaboradores, grazas ao cofinanciamento da Xunta. Emporiso, nesta primeira convocatoria, os servizos máis demandados polos solicitantes foron os servizos de acompañamento para a implantación de solucións de mercadotecnia dixital de cara a optimizar a presenza en Internet da empresa; logo, os servizos para a elaboración da diagnose do grao de modernización tecnolóxica co fin de identificar aquelas oportunidades de mellora con maior impacto no incremento da competitividade da empresa.
Asemade, o Reacciona TIC achega tamén un catalogo de solucións para impulsar a Empresa 4.0 con servizos encamiñados a establecer novas fórmulas de produción e a impulsar a fabricación de produtos diferenciados e de calidade a través de novos modelos e procesos de deseño, creación e distribución. Neste eido tamén se ofrece apoio para achegar solucións organizativas e/ou tecnolóxicas, ou para a xeración de modelos e realización de procesos.
E que se pretende con estes servizos? Pois a Administración autonómica quer mellorar o futuro das empresas galegas mediante a adquisición de novas competencias e incorporación de tecnoloxías que lles permitan gozar de vantaxes competitivas, co apoio de axentes colaboradores especializados, integrados por empresas tecnolóxicas, que as asesorarán e acompañarán en todo o proceso.
Informar que xa se están a avaliar as solicitudes recibidas na segunda convocatoria do Programa ReAccionaTIC e a terceira, xa activada, está aberta ata o 28 de febreiro. A terceira convocatoria será en marzo e prolongarase ata finais de maio.
O programa ReAccionaTIC conta cun orzamento total de máis de 2,3 millóns de euros, dos cales 1,26 millóns serán achegados pola AMTEGA e 1,11 millóns polo IGAPE.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?