Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Arrinca Youtubeir@s en Ourense
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Arrinca Youtubeir@s en Ourense

Redacción
Publicado: 23/01/2017
5 Min de Lectura
Compartir
5 Min de Lectura

uvigo_youtubeiros.jpgAs nosas universidades queren ser acubillos e palestras itinerantes de novos creadores de contidos audiovisuais en galego (algo que entronca, directamente, co congreso que comeza mañá en Santiago, DICO Summit 2017, onde se tentará premiar, impulsar e visualizar os traballos da nosa mocidade en materia de audiovisual, mundos dixitais e realidade virtual). Como lembraremos, a iniciativa dos campus galegos, o programa formativo Youtubeir@s, concurso de vídeos na Rede, comezou en decembro impulsada polos servizos de normalización lingüística das tres universidades galegas e dos concellos da Coruña, Ames, Baña, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo. Agora, volve ser novidade polo inminente comezo das actividades en Ourense. O venres, sen ir máis lonxe, presentáronse na cidade das Burgas coa finalidade de “facilitar e fomentar a participación”.
No acto participaron José María Faílde, director da Área de Planificación do campus de Ourense; Paulo Cabral, director da Área de Normalización Lingüística da Universidade de Vigo; Belén Iglesias, concelleira de Cultura, e Mónica Fernández, responsable do servizo de normalización lingüística municipal. Durante a presentación lembraron que “Youtubeir@s naceu co obxectivo de incrementar o uso do galego nos contidos audiovisuais dunha das redes máis empregadas no mundo”. Entre as liñas de actuación que contempla o proxecto, dixeron, abránguese a celebración de obradoiros formativos impartidos pola produtora Illa Bufarda que teñen como obxectivo facer accesible o uso das redes sociais e da linguaxe audiovisual para a transmisión de saberes e opinións, neste caso concreto en galego.
Na cidade de Ourense, os obradoiros, de carácter práctico, serán os días 7 e 14 de febreiro no salón de graos do Edificio de Ferro do campus e os días 10 e 17 de febreiro no Centro de Innovación Social Dixital La Molinera. Poden inscribirse de balde persoas maiores de 14 anos, establecéndose un máximo de 20 persoas en cada obradoiro. Na primeira sesión formativa de cada quenda, dunha hora de duración, afondarase nos consellos básicos para sacarlle o maior partido á cámara dos dispositivos móbiles e na mellor forma de transmitir os coñecementos. Na segunda sesión formativa, de dúas horas de duración, editarase o material e os participantes aprenderán a publicalo en YouTube.
Youtubeir@s, concurso de vídeos na Rede, comezou o xoves 1 de decembro e o prazo de presentación de vídeos prolongarase ata o 28 de abril. Poderán presentarase persoas maiores de 14 anos que deberán formalizar a súa inscrición en liña. Os vídeos deberán ter unha duración aproximada de cinco minutos, estar licenciados en creative commons, producidos en galego e estar dispoñibles na rede social YouTube.
O concurso atinxe dúas categorías en función dos contidos das pezas. Por unha banda, pódese concursar en Vídeo-facermos, con titorías nas que se amosen saberes e procesos de elaboración audiovisual. A outra alternativa é Vídeo-opinarmos, modalidade de vídeos nos que, de xeito argumentado, achégase unha opinión ou valoración arredor dun tema de interese, por exemplo, sobre un libro, unha película, unha serie, temas de actualidade, moda ou tendencias.
En cada unha destas categorías outorgarase un galardón dotado de 1.000 euros e catro mencións honoríficas de 500 euros segundo os criterios dun xurado que estará composto por profesionais da comunicación audiovisual. Na súa valoración, o xurado terá en conta o enxeño e a creatividade, valorando a orixinalidade da peza a nivel visual, sonora e do propio contido; a calidade técnica da peza tanto a nivel visual como sonoro; a eficiencia comunicativa do vídeo na transmisión do contido tanto a nivel oral como visual e a calidade lingüística, valorando o uso coidado e correcto da lingua en todas as súas variantes dialectais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?