Código CeroCódigo CeroCódigo Cero
  • NOVAS
    • Actualidade
    • Electrónica de consumo
    • Eventos
    • Intelixencia artificial
    • I+D+i
    • Audiovisual
    • Software libre
    • Telefonía
  • TREBELLOS
  • VIDEOXOGOS
  • REVISTA EN PAPEL
Lendo: Conecta Fiction porá a nosa terra no punto de mira da innovación audiovisual e de contidos
Compartir
Código CeroCódigo Cero
Buscar
  • Novas
  • Trebellos
  • Videoxogos
  • Revista en papel
Actualidade

Conecta Fiction porá a nosa terra no punto de mira da innovación audiovisual e de contidos

Redacción
Publicado: 23/01/2017
3 Min de Lectura
Compartir
3 Min de Lectura

conecta_fiction_presentacion_12012017.jpgA celebración e visualización dos nosos contidos dixitais non vai rematar con DICO Summit 2017, o evento que comeza este martes da man de AMTEGA e os clústers das TIC e do audiovisual. De feito, na primavera está prevista a que poderíamos considerar a gran celebración da tempada en materia de creatividade galega aplicada ao cinema, ás series, ás novas plataformas e aos innovadores recursos tecnolóxicos para crear e distribuír. Falamos de Conecta Fiction, evento galego con vocación internacional e organizado pola axencia galega AGADIC, o ICEX e a Fundación SGAE. Xuntará unha manchea de responsables cadeas de televisión, distribuidoras e produtoras de ambos beiras do Atlántico. A cita será na Cidade da Cultura do 21 ao 23 de xuño.
conecta_fiction_cor.jpgA primeira edición de Conecta Fiction, que foi presentada a semana pasada cunha gran repercusión nos medios galegos, estatais e internacionais (tal e como se amosa nas pegadas deixadas nas plataformas dixitais de Variety, Prensario Internacional, TTV News, Cine & Tele, LatAM Cinema e Audiovisual 451, entre outras), será unha actividade pioneira, innovadora e específica sobre o estado de saúde actual “da puxante industria da ficción televisiva en fala hispana”. Segundo fan saber as entidades organizadoras ao fío desta arela de unir mundos e espazos de creación, o evento Conecta Fiction vai contar co engadido extra de estar emprazado en Galicia, por tradición unha terra estreitamente vencellada a América Latina.
Xunto coas tres entidades promotoras, Conecta Fiction 2017 contará tamén coa implicación da Fundación Cidade da Cultura, a Televisión de Galicia, o Concello de Santiago, o Clúster Audiovisual Galego (CLAG), o Máster de Produción e Xestión Audiovisual (MPXA) e a Fundación Media Europa. A súa produción core a cargo da empresa Inside Content.
Segundo fan saber estas entidades, o encontro ponse en marcha co obxectivo de se converter “nunha das citas de referencia no calendario internacional de convocatorias televisivas que, como no caso de London Content en Reino Unido ou de Series Mania en Francia, espertan un gran interese entre os profesionais do sector”. O programa, arestora en desenvolvemento, centrarase polos devanditos motivos no talento, no financiamento e na produción. Abranguerá produtores executivos, directores, guionistas, compositores, inversores, co-produtores, executivos de cadeas de televisión e plataformas OTT e distribuidores internacionais, entre outros profesionais.

Últimos números da nosa edición impresa

Shelf Wood

Outras novas populares

BoBots gaña o premio do público en Odisea Indie
Actualidade VIDEOXOGOS
4 Min de Lectura
Carlos J. Escudero: “Podemos ser mellores profesionais coas ferramentas IA, sempre que as utilicemos para reforzar as nosas capacidades e non como unha escusa para deixar de aprender”
Actualidade
13 Min de Lectura
A Semana Europea da Robótica pecha en Santiago cunha mañá profesional e unha feira aberta ás familias
Actualidade
6 Min de Lectura
Novo número da nosa edición impresa
Actualidade
2 Min de Lectura
Compartir Este Artigo
Facebook Whatsapp Whatsapp Copiar Ligazón Imprimir
- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image
-PUBLICIDADE-
De fronte á violencia de xénero
-PUBLICIDADE-
PEL 2027

Revista en papel


Ad imageAd image

Feed RSS: ACTUALIDADE DA AMTEGA ACTUALIDADE DA AMTEGA

  • As persoas que coordinan as 93 aulas CeMIT de Galicia celebran o seu encontro anual na Cidade da Cultura
  • A intelixencia artificial é a tecnoloxía avanzada que máis medra no tecido empresarial galego no último ano
  • Inauguración Laboratorio e Centro Demostrador de Ciberseguridade Industrial de Galicia
  • Laboratorio e Centro Demostrador en Ciberseguridade Industrial

Subscríbete ao noso boletín

Recibe de balde por correo electrónico as novas novas.







banner							
banner
Lenos en Magzter
Os contidos da nosa edición impresa poden lerse comodamente a través da aplicación de Magzter para iOS e Android.
Ir a Magzter
Ad imageAd image

Outras novas de interese

Actualidade

Maldita.es denuncia unha rede de páxinas de Facebook que difunden desinformación política en campaña electoral

27/11/2026
Actualidade

A Universidade de Vigo dá o salto ao voto electrónico

27/11/2026
Actualidade

A xira contra as noticias falsas nas redes do Colexio de Xornalistas e a Deputación de Lugo recala este sábado en Castroverde

27/11/2026
Actualidade

A Secretaría da Lingua incrementa cen prazas nos CELGA en liña

27/11/2026

CÓDIGO CERO

Código Cero, diario de novas tecnolóxicas de Galicia, é unha publicación en galego sobre TIC nacida en formato dixital o 25 de xullo de 2001, que comezou a editarse tamén en formato impreso en decembro do mesmo ano.

- PÁXINA WEB HOSPEDADA EN -
Ad imageAd image

 

PREMIOS

   
   

Grupo Código Cero Comunicación, S.L.

Rúa das Hedras 4 1 M
(Pol. Novo Milladoiro)
15895 Ames - Milladoiro
981 53 02 68
redaccion@codigocero.com
Código CeroCódigo Cero
Síguenos
© Grupo Código Cero Comunicación, S.L. – Política de privacidade
Banner de cookies RXPD

Utilizamos cookies para ofrecerche a mellor experiencia na nosa web.

Podes aprender máis sobre que cookies utilizamos na nosa política de cookies ou desactivalas nos axustes.

Welcome Back!

Sign in to your account

Nome de usuario ou Enderezo de Correo
Contrasinal

Perdiches o teu contrasinal?